Buscar neste blogue
luns, 9 de novembro de 2020
RADIOTuber´s: recomendacións radiofónicas
Coas exposicións e escolma de libros relacionados coas diferentes conmemoracións, propoñemos esta actividades de ir recomendar exemplares facendo uso da nosa
AS MOCHILAS VIAXEIRAS EMPRENDEN AS VISITAS POLOS FOGARES DE CAIÓN
QUE LEDICIA!!!!
As nosas queridiñas mochilas viaxeiras comezan a súa andaina polas casas dos nosos alumnXs.
O pasado VENRES 6 DE NOVEMBRO saíron do colexio 5 MOCHILAS cargadas de fondos diversos da nosa BIBLIOTECaión para achegar ás familias á narrativa, á poesía, ó cómic, á material audiovisual, á música, á experimentos, ás manualidades, ós xogos, etc.
O entusiasmo que mostran os alumnXs por levar a mochila, fai ver que é unha actividade exitosa e que triunfa ano tras ano.

Aquí un exemplo da mochila Nº2 de E.Infantil 2 do que vai dentro:
martes, 27 de outubro de 2020
SAMAÍN na BIBLIOTECaión
A nosa BIBLIOTECaión preparada para esta terrorífica festividade.
- Escolla de libros coa temática:
- Contacontos con "Kids&Us":
Storytime de Halloween "Phatom Manor"
*será no ximnasio do centro en dous pases por mor do aforo e para garantir as medidas de seguridade.
sábado, 24 de outubro de 2020
DÍA DA BIBLIOTECA: Gran apertura con Pakolas
Velaquí algunhas das fotos do o pasado venres celebrando o #DiaDasBibliotecas na nosa BiblioteCaión.
Contacontos e entrevista con Pakolas, por mor do aforo empregamos o ximnasio do centro.
Moitas Grazas a Pakolas e a #RamonaÓrbita por vir hoxe ao centro e facernos vivir grandes momentos que de seguro quedarán na retina e no ouvido do alumnado.
Tamén agradecementos ao Concello da Laracha por colaborar no financiamento desta actividade!
Velaquí algunhas das fotos do o pasado venres celebrando o #DiaDasBibliotecas na nosa BiblioteCaión.
Contacontos e entrevista con Pakolas, por mor do aforo empregamos o ximnasio do centro.
Moitas Grazas a Pakolas e a #RamonaÓrbita por vir hoxe ao centro e facernos vivir grandes momentos que de seguro quedarán na retina e no ouvido do alumnado.
Tamén agradecementos ao Concello da Laracha por colaborar no financiamento desta actividade!
Por aquí vén Pakolas cunha mensaxe gravada na nosa #BIBLIOTECaión.
Grazas por vir e por coidar á nosa mascota #Mariña! Agora xa temos o noso exemplar na biblio de #RamonaÓrbita e poderemos disfrutar coa súa música e debuxos!
xoves, 22 de outubro de 2020
PROTOCOLO Covid RECREOS
O vindeiro luns 26, xa inagurada a BIBLIOTECaión, comezaremos a facer uso dela durante os recreos.
Para que as medidas antiCovid queden o suficientemente claras e poidan ser entendidas con máis claridade para unha maior seguridade:
AQUÍ UN VÍDEO EXPLICATIVO
Con #SENTIDIÑO
luns, 19 de outubro de 2020
PAKOLAS
Temos visita na BIBLIOTECaión:
PAKOLAS
Que ledicia dar apertura oficial deste curso escolar cun artísta coma este presentando a súa última creación: "Ramona Órbita".
sábado, 3 de outubro de 2020
APERTURA CURSO 2020 - 2021
Ben queridXs usuarios:
A BIBLIOTECaión abre de novo as súas portas a todXs os que estábades ansiosos por facer uso dela, que sabemos que sodes moitos e moitas.
Así comezamos anunciando que:
- dende o 1 de outubro comezaredes a acudir a biblioteca escolar para facer os empréstitos cos mestrXs e empregala resercando horario cando vos sexa preciso.
- dende o venres 23, en conmemoracion co Día da Biblioteca Escolar, abrirá nos recreos

NORMAS COVID para o uso da BIBLIOTECaión
Este curso escolar as normas da BIBLIOTECaión, os seus recantos e materiais vense modificados e limitados para ofrecer un espazo seguro e con medidas de adaptación ante o Covid19.
Por iso a coordinadora da biblioteca escolar irá por cada aula explicando as novos protocolos a ter en conta. Deixará as guías de usuario en cada aula e colocaranse novos carteis na BIBLIOTECaión.
BÚSCANSE AXUDANTES
Que sería dunha biblioteca escolar sen axudantes. NON EXISTIRÍA!!!
Por iso ábrese a inscripción para que neste curso escolar 20-21, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria se anoten a colaborar.
Terán as súas tarefas asignadas, un curso de formación de cara a practivar o funcionamento e novas normas e, por suposto, unha recompensa por axudar no seu tempo de lecer a que a nosa BIBLIOTECaión funcione.
luns, 18 de maio de 2020
DÍA DAS LETRAS GALEGAS: vídeo e xogo Ricardo Carvalho Calero
Se prestache boa atención poderás superar as probas de este xogo que che propoñemos:
DÍA DAS LETRAS GALEGAS: "As pitas baixo a choiva"
LETRAS GALEGAS: Ricardo Carvalho Calero cos BOLECHAS
DÍA DAS LETRAS GALEGAS: skape "O misterio da casa de Ricardo Carvalho Calero"
DÍA DAS LETRAS GALEGAS: listaxe contos en galego
venres, 15 de maio de 2020
DÍA DA FAMILIA: Conto "Os fíos invisibles"
xoves, 14 de maio de 2020
CONTO: "Paula e o seu cabelo multicor"
martes, 5 de maio de 2020
MULLERES: Jane Austen
luns, 27 de abril de 2020
venres, 24 de abril de 2020
CAMPAÑA DETRÁS DOS LIBROS
LECTURAS COMPARTIDAS
Fixeron uns vídeos narrando contos que nos quixeron regalar nesta data sinalada.
Sentímonos super agradecedidos.














































