Buscar neste blogue

sábado, 30 de outubro de 2021

SAMAÍN: Exposición e CaiónTuber´s

 Aquí a primeira exposición cunha ampla selección de fondos sobre exemplares relacionados coa festividade do SAMAÍN.


Tras a lectura de estos exemplares, os alumnos e alumnas poderán acudir á aula de Audiovisuais, e coa colaboración dos axudantes gravar unha reseña de estos exemplares na nosa aula Chroma axudándonos de un breve guión.

 Unha forma ben práctica de desenvolver a nosa capacidade de expresión escrita e oral, e comprensión dos datos dun libro: autor, ilustrador e editorial. 
E de adquirir competencias informacionais e mediáticas. 




Os vídeos de reseñas sobre exemplares do SAMAÍN serán publicados nesta entrada do blogue paulatinamente.

Adriana Lareo - 4º E.Primaria - "O noso Samaín"


Ana Varela - 5º E. Primaria - "Las brujas" de Roald Dahl versión cómic


Noa González - 4º E.Primaria - "Fantasmas: manual de instrucciones"


Aroa Rojo - 4º E. Primaria - "Feliz Halloween"



Natalia Lareo - 6º E. Primaria - "Fantasmas" novela ilustrada




Adriana Lareo - 4º E. Primaria - "Mortiña: unha historia para esmendrellarse de risa"


Mauro Golán - Educación Infantil - "Como mola tu escoba"


Ana Varela - 5º E.P. - "Fantasmas"

Adriana Lareo - 4ºE.P. - "Curuxa"

Adriana Lareo - 4ºE.P. - "Las brujas" - Roald Dahl (versión cómic)

Ana Varela - 5º E.P. - "Os espeluznantes casos de Margo Malo"

Ana Novo - 2ºE.P. - "Ana Kadabra"
 (sen son -PROBLEMA TÉCNICO)


Pedro Calviño -1º E.P. - "Feliz Halloween


Natalia Lareo - 6º E.P. - "Fantasmas"


Natalia Lareo - 6 E.P. - "Los espeluznantes casos de Margo Malo"


Mateo Casal - E.I. - "¿Quién es?

Erin Tarrio - E.I. - "Un vampiro peligrozo" 
(sen son -PROBLEMA TÉCNICO)


Lis Suárez - E.I. - "Como reconocer a un mosntruo"
(sen son -PROBLEMA TÉCNICO)

Miguel Marrozos - E.I. - "Estás ahí monstruo"
(sen son -PROBLEMA TÉCNICO)

Valeria Rojo - E.I. - "El vampiro Edelmiro"
(sen son -PROBLEMA TÉCNICO)


Adriana Lareo - 4º E.P. - "A todos los monstruos les da miedo la oscuridad"


Sara Baumann - 1º E.P. - "Gustavo: el fantasma tímido"

Daniela Mallo Mallo - 2º E.P. - "Halloween: historias de 5 minutos"

SAÚDOS E BOAS LECTURAS 

DENDE A BIBLIOTECaión :)


venres, 29 de outubro de 2021

SAMAÍN: concurso de Meigas

 Para aflorar a nosa creatividade, dende á BIBLIOTECaión, promovemos este concurso de creatividade e expresión escrita.

Por aulas poderán crear CARAS, PÓCIMAS, DESCRICIÓN e RELATOS arrepiantes sobre MEIGAS.



Así de formoso quedou o corcho da entrada ao colexio:


E aquí as fotos dos gañadores recollendo os seus diplomas e agasallos:

DIEGO ANTELO BALDOMIR pola súa orixinal cara de meiga con macarróns e máscara.



MANUEL CASTRO ROS pola súa cara de meiga por tanto traballiño que pasou a poñer a plastilina.



MATEO PUENTE NIÓN pola súa pócima asquerosa e divertida.



MARTÍN OTOÑO SÁNCHEZ pola graciosa descrición de meiga que anda a capturar nenos por Caión para celebrar o seu 100.000 cumpleanos.



HELIA PÉREZ VICENTE pola súa detallada descrición de Meiga.


MARCOS LUCERO SENÍN polo seu orixinal relato "Sono profundo" será un soño ou realidade...



NATALIA LAREO BALADO polo seu relato "Howorts" 
versión inclusiva da famosa escola de J.k. Rowling.


PARABÉNS!!!!!

Aquí hai madeira de escrito@s, haberá máis concursos de expresión ao longo do curso.

martes, 26 de outubro de 2021

24O: APERTURA BIBLIOTECaión e saída das MOCHILAS VIAXEIRA

 Aquí tendes aos axudantes da BIBLITOCaión informando a cada aula da sesión que lle corresponde acudir á 

APERTURA OFICIAL




Cada grupo-aula reservará no horario a súa sesión para acudir a facer os empréstitos semanais. 
E aquí unhas imaxes da andaina que comezan hoxe as nosas queridiñas MOCHILAS VIAXEIRAS.



E a repartición dos carnets de usuarios.



luns, 25 de outubro de 2021

VÍDEO: protocolos acceso á BIBLIOTECaión

 Para que todas as normas e protocolos de acceso sexan accesibles e se difundan a toda a comunidade educativa,

 o equipo de axudantes creou este vídeo explicativo informando de como está organizada a nosa BIBLIOTECaión.



CARTELERÍA: protocolos de acceso BIBLBLIOTECaión

 Para que a BIBLIOTECaión sexa un espazo seguro, apostamos pola prevención anti-Covid.





FOLLETOS GUÍA PARA USUARIOS

 Para que todos poidamos disfrutar arreo da nosa BIBLIOTECaión aquí tendes o folleto coas 

NORMAS PARA USUARIOS






venres, 22 de outubro de 2021

24O: Día das bibliotecas e APERTURA BIBLIOTECaión

 A nosa querida BIBLIOTECaión abrirá as súas portas este vindeiro LUNS 25 DE OUTUBRO.

Xa é tradición que co eido da conmemoración do 24 de outubro, Día das bibliotecas, procedamos a apertura oficial. 

Acudiremos en diferentes sesión por aulas, en grupos burbulla para:
    1. coñecer o protocolo de acceso mediante un vídeo preparado polos axudantes.
    2. repasar as normas de uso nun folleto que levaremos ás aulas.
    3. dar saída as MOCHILAS VIAXEIRAS mediante un concurso.

SAÚDOS E BOAS LECTURAS DENDE A BIBLIOTECaión

venres, 15 de outubro de 2021

FORMACIÓN AXUDANTES Curso 2021-2022

 Estamos a piques da abrir as portas da nosa BIBLIOTECaión, e esto non sería posible sen a colaboración indispensable dos nosos axudantes de 5º e 6º de E.P. 

Aquí tendes todo o acontecido para que este alumnado se saiba  a perfección de cales son as súas funcións, normas da biblioteca escolar, tarefas, etc.

1. MERENDA DE CAPTACIÓN:




PLENO!!!
 Que voluntariosos e colaboradores, tod@s os alumnos e alumnas de 5º e 6º quixeron formar parte de este equipazo!!!! 

2. HORARIO FORMACIÓN AXUDANTES:


3. FOLLETO TAREFAS E NORMAS DE AXUDANTES MEDIANTE CONTRATO ASINADO:


4. GRAVACIÓN DO VÍDEO PROTOCOLOS DE ACCESO E NORMAS PARA USUARIOSDous días intensos de tomas falsas e a todo meter para ter a tempo o vídeo para o día da apertura.

5. SKAPE-BIBLIO:3. FOLLTETO TAREFAS E NORMAS DE AXUDANTES MEDIANTE CONTRATO ASINADO: 

A gran proba esperada durante todo o ano, onde a coordinadora da biblioteca pecha a porta con nós dentro, a mete nun baúl con candado e temos que ir superando as distintas probas para poder atopar a chave que anda escondida pola BILBIOTECaión. 

Non é tarefa sinxela, pois temos que aplicar os nosos coñecementos adquiridos nesta semana de formación e colocar libros nos andéis axeitados, contolar a CDU para montar un puzzle, contestar a un cuestionario sobre normas e coñecementos, manexar o ordenador e consultar o programa de xestión Meiga coas nosas claces, etc. 

E todo isto en tan so 20 MINUTOS!!!!!!!






sábado, 2 de outubro de 2021

MALETA IGUALDADE = ODS 10

 Aquí as nosas narracións na RADIO ESCOLAR

 sobre os contos da Maleta Viaxeira

 da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia.

Serán proxectados en todas as aulas durante a hora de ler do mes de outubro, para concenciarnos das desigualdades que se prducen na noso mundo a través da literatura e concenciarnos para contribuir a erradicalas adquirindo valores que perdurarán e conformarán a nosa personalidade.



Unha mágoa que a maleta non botara máis días no noso centro, pois quedaron exemplares por gravar na radio escolar, pero sí foron lidos polas aulas, pois os axudantes repartíronos polas aulas coas caixas rodantes de novidades. Ademais moitos deles os temos na nosa BIBLIOTECaión.
















venres, 1 de outubro de 2021

MALETA VIAXEIRA: IGUALDADE = ODS 10

Chegou a Maleta Viaxeira que solicitamos á Asesoría de Bibliotecas.

Ao abrila descubrimo unha enchenta de fermosos exemplares que imos repartir por cada aula.

É unha oportunidade perfecta para traballar o ODS 10 deste mes de outubro: 
REDUCIÓN DAS DESIGUALDADES.


E para iso organizamos unha iniciativa ben chula! 

Vir á radio escolar e facer a gravación narrando estas conmovedoras historias. 


Esperamos que haxa moita participación e compartir convosco o resultado. 

SAÚDOS E BOAS LECTURAS DENDE A BIBLIOTECaión!