Buscar neste blogue

xoves, 20 de febreiro de 2020

11 febreiro: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Co eido do noso proxecto anual, dende a BIBLIOTECaión, promocionouse unha actividade ben chula.

O martes 11 de febreiro recibimos nas nosas aulas unha mensaxe de Mariña, a mascota da nosa biblioteca, coa seguinte mensaxe.


O mércores 18 descubrimos que..... a nosa mascota enganounos, non eran uns debuxos para un concurso das universidades galegas, era para saber o concepto de xénero que tiñamos sobre unha persoa que se adicase á Ciencia. E aquí tedes o resultado da análise dos nosos debuxos:

No CEIP de Caión educamos en IGUALDADE para que cada neno e nena logre ser o que desexe!!!

domingo, 2 de febreiro de 2020

30 xaneiro: DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

O venres 30 de xaneiro celebramos na BIBLIOTECaión o día da paz e non violencia.

1. O alumnado de 5º e 6º de E. Primaria preparou a narración dun conto "Hoy no juegas" de Canizales.



2. Descubrimos a pomba da paz a cal temos que ir enchendo de cozazóns, non cales escribir actos de bondade que vaiamos realizando día a día, pois a paz constrúese a diario e todos somos partícipes en que haxa un ambiente beneficioso no noso centro.



A ENCHER A POMBIÑA!!!!