Buscar neste blogue

xoves, 26 de novembro de 2020

RADIOTuber´s: SAMAÍN ( 1ª edición)


Un programa radiofónico para facer recomendacións lectoras.

Nesta 1ª edición recomendacións de libros sobre o Samaín. 

Aquí unha montaxe para facer o programa máis entretido para que as crianzas se animen a velo.


Tamén na porta da sala de audiovisuais, 
puxemos un código QR para que poidan disfrutar dos vindeiros programas.








25N: Contacontos

 CONTACONTOS POLA IGUALDADE

Somos ben afortunados de ter unha Anpa tan implicadano CEIP de Caión  :)

Grazas a ela o colexio pusido disfrutar de tres días de contacontos entorno a temática do 25N: contra a violencia de xénero e a igualdade entre sexos. Todas elas pensadas para levar a cabo con seguridade fornte a Covid. 

1._Martes 24 para o alumnado de E.I.: "Principas e princesos" con Pablísimo. 




2._ Mércores 25 para o alumnado de E.P.: "Novos Lobos" con monicreques da compaía Fantoches Baj. 

3._ Xoves 26 en 5 pases na BIBLIOTECaión: ""con Ana Hermida. 


E se non fora pouco... de agasallo esta mascarilla para disfrutar das actividades con seguridade e cunha fermosa mensaxe. 

GRAZAS ANPA: A Balea 

mércores, 25 de novembro de 2020

25 N: ESCOLAMA LIBROS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 25 N: 

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Nos ándéis de entrada á BIBLIOTECaión fixemos unha selección de libros que rompe cos estereotipos de xénero, que fala do empoderamento das muclleres, biografía de mulleres extraordinarias, contos que cambian, que falan de novos modos de entender a vida fóra de estereotipos machistas, etc.


a vedes que temos moita variedade grazas a partida orzamentaria que recibimos o ano pasado e puidemos dotar a biblioteca.

Os titores levaron exemplares para profundizcizar no tema nas aulas. 


domingo, 22 de novembro de 2020

30 anos FALECEMENTO ROALD DAHL

 Este luns,23 de novembro, é unha data de loito tras os 30 anos do autor máis lido da literatura infantil e xuvenil: 

ROALD DAHL.

Na BIBLIOTECaión quixemos rendir homenaxe a este grandioso escritor, realizando unha exposición e dar difusión as súas obras.


Actualizamos a colección de libros escritos por el e Mariña foi nadando por todas as aulas para animar á emprestar estes exemplares, os cales serán os protagonistas na 2ª edición de Radiotuber´s. 






Aquí unhas citas célebres das súa obras:


Aquí algunha informadición da súa biografía:


Esperamos que disfrutedes moito da lectura, un éxito asegurado coas obras desta exposición realizada con moito agarimo para o alumnado do CEIP de Caión. 


luns, 16 de novembro de 2020

FORMULARIO Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable

 Aquí os formularios que se incluían nos exemplares mercados na librería "Encontos".

Non se trataba de un sorteo dunha viaxe, jajajjajaja

Son un cuestionarios para reflexionar sobre a relación de cada libro cos ODS e montar unha exposición con eles e que outras aulas tamén poidan consultalos para abordar o PDI deste curso escolar. 


VÍDEOS 13 nov: DÍA DAS LIBRARÍAS

 Aquí unha entrada exclusivamente para compartir os vídeos desta actividade que resultou magnífica. 

- Fermoso vídeo da aula de 1º e 2º E.P.:

- A experiencia completa de 3º e 4º E.P.:



xoves, 12 de novembro de 2020

13 nov: DÍA DAS LIBRARÍAS

Onte, como proposta da BIBLIOTECaión, vivimos unha gran experiencia mercando exemplares nunha libraría improvisada no hall do colexio: 

LIBRARÍA "Encontos"




Recibimos unha mensaxe de Mariña, a mascota da biblioteca, na porta das aulas e dentro dun carro. Nese papel contábanos o importante que é promover a compra de libros  nos establecementos da contorna. 

 

Tamén que tiñamos unha misión moi importante, mercar os libros relacionados co PDI de este ano: ODS (Obxectivos de desenvolvemento sustentable).





Para iso, fixemos un sorteo, para repartir carteiras de cores con cartos "de verdade". Pois os libros tiñan prezo e tiñamos que poñer en práctica os nosos coñecementos matemáticos. 

Ademáis, do sorteo, resultaron familias diversas: parellas heterosexuais, parellas homosexuais, solteir@s, familias numerosas, xente pobre sen cartos, xente rica con moitos cartos, ... e mesmo un vadío que pedía cartos ás portas da libraría para poder adquirir un libro.

Toda esta teatralización foi todo un éxito, e cunhas aprendizaxes moi proveitosas sobre o gran valor da solidaridade e as desigualdades que se dan en situacións cotiás da vida. 

De seguro que nos fogares de Caión, hoxe os nen@s falan do que lles aconteceu na Libraría "Encontos". E que marchamos coa idea arraigada do importante que é mercar nestes establecementos "encantadores" e próximos; e non a través de Internet ou en grandes superficies.

 O certo e que o pasamos xenial, porque somos uns teatreiros!!!







Grazas aos mestrXs  por involucrarse explicando a actividade na aula e ao alumnado que participaron na elaboración do mural, sen cheirarse nada do que iba a acontecer.

Esta Mariña sempre nos sorprende :) 

Aquí máis fotos e vídeos do acontecido:

- E.I. 1 (3 e 4 anos):



- E.I. 2 (4 e 5 anos):

 






- 1º e 2º E.P.:

 







Aquí unha fermosa vídeo - montaxe realizada pola titora da aula: Noemi Romay


- 3º e 4º E.P.:
Teatralización completa 3º e 4º E.P.: https://youtu.be/2GZHrdaJpuY




-5º e 6º E.P.: