Buscar neste blogue

luns, 9 de novembro de 2020

AS MOCHILAS VIAXEIRAS EMPRENDEN AS VISITAS POLOS FOGARES DE CAIÓN

 QUE LEDICIA!!!! 
As nosas queridiñas mochilas viaxeiras comezan a súa andaina polas casas dos nosos alumnXs. 

O pasado VENRES 6 DE NOVEMBRO saíron do colexio 5 MOCHILAS cargadas de fondos diversos da nosa BIBLIOTECaión para achegar ás familias á narrativa, á poesía, ó cómic, á material audiovisual, á música, á experimentos, ás manualidades, ós xogos, etc.

O entusiasmo que mostran os alumnXs por levar a mochila, fai ver que é unha actividade exitosa e que triunfa ano tras ano. 



Se ben este ano planteouse non levar a cabo a proposta por mor da Covid19, finalmente informando ás familias de que tiveran a mochila en coarentena durante un día, áo chegar ás casas, e novamente ao chegar ó colexio; o equipo de biblioteca en consenso co Claustro, decidiu continuar coa experiencia.  

Aquí un exemplo da mochila Nº2 de E.Infantil 2 do que vai dentro: 


Ningún comentario:

Publicar un comentario