Buscar neste blogue

martes, 18 de outubro de 2022

Talleres micófilos da Asociación AMABUL

A Asociación medioambiental AMABUL impartiu na biblioteca catro talleres micófilos ao longo da mañá, con todos os grupos da escola, tanto de infantil como de primaria. A rapazada aprendeu sobre a importancia que teñen os fungos para o desenrolo da vida no noso planeta e tamén algúns consellos sobre como se poden recoñecer algúns tipos de cogomelos e o coidado que hai que ter con eles.

martes, 11 de outubro de 2022

Obradoiro de Samaín con-sumo coidadín

Hoxe celebrouse un obradoiro impartido polo Instituto Galego de Consumo co fin de fomentar un Samaín máis seguro e responsable. Para eso traballaron en dous obradoiros coa rapazada de toda a escola amosandolles cales son os principais riscos dos disfraces e os seus complementos, así como darlles a coñecer normas de etiquetado básica destes produtos. Despois da pequena charla inicial o alumnado fixo unha manualidade, decorando unha máscara de caveira a que lle incluíron dous símbolos de etiquetado: o de 0-3 e o CE de conformidade coa normativa legal da Unión Europea.

venres, 7 de outubro de 2022

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

 



Hoxe na biblioteca do cole tivemos a Rui, o pai de Cibrán,  quen amablemente se prestou para contarlle a rapazada un conto sobre superheroes. Deste xeito imos quentando motores de cara a gran inauguración da biblioteca escolar o vindeiro 24 de outubro 🥳.