Buscar neste blogue

martes, 27 de outubro de 2020

SAMAÍN na BIBLIOTECaión

 A nosa BIBLIOTECaión preparada para esta  terrorífica festividade.


- Escolla de libros coa temática:







- Contacontos con "Kids&Us":

O centro de Arteixo de esta coorporación vai representar unha historia de Halloween este mércores 28 en horario escolar para o alumnado.

 Storytime de Halloween "Phatom Manor"

Jane e Bunny  mudan a unha nova casa: unha mansión enorme. Pero o que non saben é que alí tamén vive unha pantasma con un gran problema... xa non sabe asustar á xente! 


*será no ximnasio do centro en dous pases por mor do aforo e para garantir as medidas de seguridade.

Non teñades medo a entrar..... JAJAJAJAJAJAJA

sábado, 24 de outubro de 2020

DÍA DA BIBLIOTECA: Gran apertura con Pakolas

Velaquí algunhas das fotos do o pasado venres celebrando o #DiaDasBibliotecas na nosa BiblioteCaión.

Contacontos e entrevista con Pakolas, por mor do aforo empregamos o ximnasio do centro.

















Moitas Grazas a
Pakolas
e a #RamonaÓrbita por vir hoxe ao centro e facernos vivir grandes momentos que de seguro quedarán na retina e no ouvido do alumnado.

Tamén agradecementos ao
Concello da Laracha
por colaborar no financiamento desta actividade!

 Por aquí vén Pakolas cunha mensaxe gravada na nosa #BIBLIOTECaión.


Grazas por vir e por coidar á nosa mascota #Mariña! Agora xa temos o noso exemplar na biblio de #RamonaÓrbita e poderemos disfrutar coa súa música e debuxos!


xoves, 22 de outubro de 2020

PROTOCOLO Covid RECREOS

 O vindeiro luns 26, xa inagurada a BIBLIOTECaión, comezaremos a facer uso dela durante os recreos.

Para que as medidas antiCovid queden o suficientemente claras e poidan ser entendidas con máis claridade para unha maior seguridade:

AQUÍ UN VÍDEO EXPLICATIVO

Con #SENTIDIÑO

luns, 19 de outubro de 2020

PAKOLAS

 Temos visita na BIBLIOTECaión:

PAKOLAS 

Que ledicia dar apertura oficial deste curso escolar cun artísta coma este presentando a súa última creación: "Ramona Órbita". 


ANIMÁDEVOS A FACERLLE UN AGASALLO ADICADO 


EMPRÉSTITOS SEMANAIS

 Hoxe comezaron a levar empréstitos semanais na aula de Educación Infantil , 4 e 5 anos.





sábado, 3 de outubro de 2020

APERTURA CURSO 2020 - 2021

 Ben queridXs usuarios:

A  BIBLIOTECaión abre de novo as súas portas a todXs os que estábades ansiosos por facer uso dela, que sabemos que sodes moitos e moitas.

Así comezamos anunciando que:

    -  dende o 1 de outubro comezaredes a acudir a biblioteca escolar para facer os empréstitos cos mestrXs e empregala resercando horario cando vos sexa preciso.

    - dende o venres 23, en conmemoracion co Día da Biblioteca Escolar, abrirá nos recreos  




LEDO CURSO 2020-2021

NORMAS COVID para o uso da BIBLIOTECaión

 Este curso escolar as normas da BIBLIOTECaión, os seus recantos e materiais vense modificados e limitados para ofrecer un espazo seguro e con medidas de adaptación ante o Covid19. 

Por iso a coordinadora da biblioteca escolar irá por cada aula explicando as novos protocolos a ter en conta.  Deixará as guías de usuario en cada aula  e colocaranse novos carteis na BIBLIOTECaión. 





BÚSCANSE AXUDANTES

 Que sería dunha biblioteca escolar sen axudantes. NON EXISTIRÍA!!!

Por iso ábrese a inscripción para que neste curso escolar 20-21, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria se anoten a colaborar. 

Terán as súas tarefas asignadas, un curso de formación de cara a practivar o funcionamento e novas normas e, por suposto, unha recompensa por axudar no seu tempo de lecer a que a nosa BIBLIOTECaión funcione.