Buscar neste blogue

luns, 18 de maio de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: vídeo e xogo Ricardo Carvalho Calero

Queres saber quen era RICARDO CARVALHO CALERO???

Mira este vídeo explicativo da súa vida e obra que está moi interesante,
feito polos rapaces de 5ª E.P do colexio San Pio (Ourense) 

Se prestache boa atención poderás superar as probas de este xogo que che propoñemos: 
(Preme na imaxe ou aquí)

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: "As pitas baixo a choiva"

Vídeo deste conto de Ricardo Carvalho Calero 
narrado polo alumnado de Educación Infantil do CEIP de Caión.
Que lindiñas voces teñen os nosos compis!!! 
:)

LETRAS GALEGAS: Ricardo Carvalho Calero cos BOLECHAS

Aquí un amiguiños ben coñecidos, Os Bolechas, fálannos da figura deste autor e danmnos a coñecer unha das súas obras. Escoitade o relato que está moi interesate. 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: skape "O misterio da casa de Ricardo Carvalho Calero"

Para a rapazada dos cursos superiores de Educación Primaria anímamos a resolver esta proba de inxenio e aprendizaxe sobre o autor conmemorado nas Letras Galegas deste ano 2020, intentando descifrar cos números clave que irás coñecendo en cada proba para resolver o misterio nesta proba de "breakout". 

Seredes quen de conseguir sair da casa e descifrar o misterio????

ATRÉVETE E PROBA!!!

(Preme na imaxe ou aquí)
 breakaout RICARDO CARVALHO CALERO

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: listaxe contos en galego

Para achegar a literatura galega, aproveitamos esta data tan sinalada para publicar unha escolla de libros moi interesante, sobretodo proveitosa para o alumnado de E. Infantil e 1º ciclo de E. Primaria.

Mostran enlaces con acceso a contos para ver, xogar e ler.

Esperamos que vos guste!!!
A coordinadora da BIBLIOTECaión fíxoo con moito agarimo :)


 CONTOS ver, xogar e ler

venres, 15 de maio de 2020

DÍA DA FAMILIA: Conto "Os fíos invisibles"

Día 15 de maio, Día da Familia, queremos mostrar o grande apoio e compromiso que estamos a ver nas familias do noso centro neste desafortunado confinamento e adicarlles un fermoso conto que neste caso narra a Profe Elena.

xoves, 14 de maio de 2020

CONTO: "Paula e o seu cabelo multicor"

Conto narrado pola Profe Ana de E.I., que fala dunha nena cun cabelo moi especial que muda de cor con cada cambio de estado de ánimo. 

martes, 5 de maio de 2020

MULLERES: Jane Austen

Conto da serie de libros Pequeña&Grande narrado pola Profe Ana. Fálanos de esta escritora inglesa que escribiu historias ben inetesantes sobre as mulleres da época. Os seus libros son mmoi famosos: "Orgullo e prexuizo", "Sentido e sensibilidade", "Emma", "Persuasión", etc.