Buscar neste blogue

xoves, 31 de outubro de 2019

5 NOVEMBRO: APERTURA OFICIAL BIBLIOTECaión

Temos preparado un acto na BIBLIOTECaión moi especial:

APERTURA OFICIAL

Tras o esforzo realizado o pasado curso na biblioteca escolar de centro, a cal mudou por completo mellorando en canto a instalacións, organización, exemplares, recursos e materiais.... Queremos dar a coñecer o orgullos@s que estamos dela presentándolla a persoalidades importantes da contorna. 

Para iso mandamos esta invitación para convidar ao acto que terá lugar o martes 5 de novembro ás 11:30h.


O acto consistirá en:
  • Benvida por parte do Director: José Roca Moro.
  • Palabras da coordinadora da biblioteca: Ana Belén Mallo Castro.
  • Vídeo: vivencias da apertura da renovada biblioteca o 16 maio de 2019.
  • Exposición dos axudantes de biblioteca de como funciona a BIBLIOTECaión.
  • Contacontos: "Non máis princesas" de Pedro Brandariz.


É un acto para o cal se require invitación, para unha boa organización do evento.

mércores, 30 de outubro de 2019

SAMAÍN na BIBLIOTECaión

O mércores 30 de outubro celebrouse "O Samaín" no CEIP de Caión.

A biblioteca escolar estivo presente na súa celebración pois despois do recreo houbo:


- Obra de teatro: "GUAPA" representación do libro do autro Canizales.

- Premios ao CONCURSO DE EXPRESIÓN ESCRITA

Aquí unha galería de fotos do acontecido:
Comeza a representación.

O público estaba preparado.

Os personaxes estaban preparados para saír.

Sae a bruxa.

Atópase co rato.

Atópase co coello.

Atópase co raposo.

 
Atópase co esquío.

 
Aquí a súa cita: o Ogro.

O camareiro, lendo o menú.

Todos os actores e actrices.

Fin da obra.
En vindeiras obras de teatro, a ver se filmamos toda a escenificación. 

Corcho coas obras.

 Premiada aula 4ºEI: Sabela

 Premiada aula 5º6ºEI: Sara

 Premiada aula 1º2º EP: Adriana

 Premiada aula 3º4ºEP: Sabela

 Premiada aula 5º6ºEP: Mai

BO SAMAÍN A TODOS!!!

martes, 29 de outubro de 2019

luns, 21 de outubro de 2019

24 OUTUBRO: Día da biblioteca

Co eido da celebración do DÍA DA BIBLIOTECA os mestres do colexio peparamos unha maratón de contacontos. 

Estes días concretamos os contos a relatar.

ANÍMATE e pasa pola BIBLIOTECaión a escoitalos!!!

domingo, 20 de outubro de 2019

martes, 15 de outubro de 2019

concurso SAMAÍN DE BRUXAS


ACTIVIDADE DE EXPRESIÓN ESCRITA 

- Cartel do concurso:

- Instrucións:
 
(podes seguir escribindo por detrás da plantilla se o precisas)

- Corcho da entrada:




ATA LUNS 28!!!

martes, 8 de outubro de 2019

Expurgo BIBLIOTECaión

Tras o labor de retirar exemplares vellos, deteriorados e desfasados poñemos a disposición de toda a comunidade educativa a OPORTUNIDADE de levar LIBROS DE BALDE para a casa.



Esta iniciativa prolongarémola o tempo necesario pois hai moito de proveito que pode ter unha nova vida nos vosos fogares.


O alumnado chegará con libros cun cuño de BAIXA que poden quedar con eles para sempre.

martes, 1 de outubro de 2019

APERTURA BIBLIOTECaión

Damos inicio ao curso escolar 2019-2020 coa apertura da nosa renovada biblioteca escolar.

Aquí tendes o cartel para anunciar o acto. 

HAI NOVIDADES...