Buscar neste blogue

xoves, 22 de decembro de 2022

Recomendacións lectoras do primeiro trimestre

xoves, 15 de decembro de 2022

Obradoiro de galletas

No día de onte, xoves, contamos coa colaboración de Isabel (avoa de Valentina e de Miguel) e a María Victoria (nai de Martín e de Adrián), que levaron a cabo coa clase de Infantil 1 un obradoiro de elaboración de galletas que estaban deliciosas; de eso da fe a rapazada da escola, que tiveron a sorte de degustar o resultado final. Gracias pola vosa colaboración! así o programa de "Lectura e familias" marcha, lembrade que podedes vir a ler, a contarlle algo sobre a contorna a rapazada, a facer un obradoiro dalgunha habilidade que teñades... As posibilidades son casi infinitas 😉.

martes, 13 de decembro de 2022

Inauguración da BIBLIOPARQUE

Hoxe día 12 de decembro inaugurouse a "Biblioparque" no parque do CEIP de Caión, un lugar de lecer para que tanto a rapazada como as persoas adultas podan pasar un rato agradable de lectura ou xogo. Na Biblioparque atoparedes os libros clasificados por idades, e atoparedes tamén unha sección adicada a xogos e a DVDs. Todo o material está dispoñible para ler in situ ou incluso para levar as vosas casas para despois devolvelo. Agardamos que a iniciativa sexa do voso interés e que xente de todas as idades a desfruten 😉.

mércores, 7 de decembro de 2022

Recomendacións lectoras

Neste primeiro trimestre dende a BiblioteCaión achegámosvos estas recomendacións lectoras 😉:
As meigas, o Monte Pindo, os nubeiros ou Brancaflor son só algúns dos habitantes desta «Pequena Mitoloxía de Galicia» onde, a través das súas páxinas, entrarás no mundo máxico das lendas e tradicións galegas.
Escrito pola escritora e actriz galega Paula Carballeira, narra unha historia divertida e profunda sobre o medo ao descoñecido, que esculca na propia natureza humana. Para a rapazada de 7 a 9 anos.
Unha proposta atractiva para os pequechos de 5 a 7 anos. na que os nenos e nenas descubrirán simpáticos animais, coñecerán os instrumentos musicais que tocan, xogarán a imitar os seus sons e crearán o seu primeiro dicionario de onomatopeas!E tamén aprenderán os números dunha forma divertida e entretida Do 1 ao 100.
Este libro está escrito polo Hematocrito, autor que nos visitou o curso pasado. Trátase dunha obra destinada a nenos e nenas de 6 a 8 anos na que un axente moi especial, o axente Ricitos de Ouro, o mellor e máis implacable policía, enfróntase nesta ocasión a outro inquietante misterio que ten conmocionada a toda a poboación do Bosque dos Contos. Será capaz de atopar as princesas desaparecidas?
Érase unha vez un burro gris triste que vivía ao pé dun salgueiro chorón. Sempre que choraba o salgueiro, tamén choraba o burro e viceversa. Un día, canso de tanta pena e choros, decidiu marchar na procura dunha vida mellor e máis alegre. Na súa viaxe, preto dun regato de prata, atopou unha ratiña que varreu a porta da súa casa e namorouse perdidamente, pero ela non quería absolutamente nada con el... Álbum con bonitas ilustracións en cor, cheas de detalles, que complementan a divertida e tenra historia orientada a rapazada de 6 a 8 anos.

Obradoiro de igualdade

Contamos cun obradoiro subvencionado polo Concello da Laracha e impartido pola empresa Xenere a rapazada de 2º a 6º de primaria, que acudiu ao mesmo en dous turnos. Neste obradoiro tratáronse temas como a violencia de xénero ou a violencia dixital.

martes, 29 de novembro de 2022

Taboleiro para o escornabot

Premendo neste enlace atoparedes un taboleiro para traballar a educación vial co escornabot. Agardamos que vos sexa útil 😉! https://drive.google.com/file/d/1jiYGJ3K3u3yTop7LBPTu24JUFi7X8dRQ/view?usp=share_link

venres, 25 de novembro de 2022

Obradoiro de LEGO

Hoxe visitounos Daniel, de Robotix by Lego, para impartirlle tres obradoiros a rapazada da escola nos cales experimentaron e aprenderon empregando os xogos de LEGO. Trátase dunha aprendizaxe práctica que potencia a competencia nas habilidades dixitais e na robótica nun ambiente lúdico de aprendizaxe. Esta actividade vai ser ofertada como actividade extraescolar no centro, agardamos que teña unha boa acollida! 🙂

martes, 15 de novembro de 2022

Visita de Beni Fernández Villar

Recibimos na biblioteca escolar a visita de Beni Fernández Villar, quen é a condutora do bus escolar. Ela achegouse a escola para darse a coñecer a toda a rapazada e falarlles da diversidade a través dun conto e de fotografías co fin de facilitarlles aos nenos a visibilización de referentes trans. Para quen non a coñeza, entre outras moitas cousas, Beni está considerada como a primeira deportista trans de España e como a primeira paciente que completou o tratamento de reasignación de disforia de xénero no Sergas.

martes, 18 de outubro de 2022

Talleres micófilos da Asociación AMABUL

A Asociación medioambiental AMABUL impartiu na biblioteca catro talleres micófilos ao longo da mañá, con todos os grupos da escola, tanto de infantil como de primaria. A rapazada aprendeu sobre a importancia que teñen os fungos para o desenrolo da vida no noso planeta e tamén algúns consellos sobre como se poden recoñecer algúns tipos de cogomelos e o coidado que hai que ter con eles.

martes, 11 de outubro de 2022

Obradoiro de Samaín con-sumo coidadín

Hoxe celebrouse un obradoiro impartido polo Instituto Galego de Consumo co fin de fomentar un Samaín máis seguro e responsable. Para eso traballaron en dous obradoiros coa rapazada de toda a escola amosandolles cales son os principais riscos dos disfraces e os seus complementos, así como darlles a coñecer normas de etiquetado básica destes produtos. Despois da pequena charla inicial o alumnado fixo unha manualidade, decorando unha máscara de caveira a que lle incluíron dous símbolos de etiquetado: o de 0-3 e o CE de conformidade coa normativa legal da Unión Europea.

venres, 7 de outubro de 2022

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

 



Hoxe na biblioteca do cole tivemos a Rui, o pai de Cibrán,  quen amablemente se prestou para contarlle a rapazada un conto sobre superheroes. Deste xeito imos quentando motores de cara a gran inauguración da biblioteca escolar o vindeiro 24 de outubro 🥳.

martes, 14 de xuño de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS 3ºT - Curso 21-22

 Aquí a presentación das recomendacións lectoras para o verán que serán enviadas por mensaxería electrónica ás casas:

SAÚDOS e ...

 BOAS LECTURAS

e BOAS VACACIÓNS

... dende a BIBLIOTECaión :)

luns, 13 de xuño de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE HEMATOCRÍTICO e LEDICIA COSTAS

Aquí vos deixamos acceso ás presentación POWER POINT que trataron 

Hematocrítico e Ledicia Costas 

sobre as recomendación lectoras que consideran super importantes e beneficiosas nas diferentes idades.


 




mércores, 25 de maio de 2022

LECTURAS e FAMILIAS: lectura en familia co coxín

 Para rematar coas actividades enmarcadas nesta convocatoria, lanzamos esta simpática actividade, coa que pretendemos unir momentos de lectura nos fogares con estos divertidos coxíns. 

Agardamos que vos guste a iniciativa:

 ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

Aquí a galería de fotos que chegaron vía correo electrónico:







































SAUDOS E BOAS LECTURAS DENDE A BIBLIOTECaión :)