Buscar neste blogue

xoves, 16 de marzo de 2023

VISITA DA NAI DE ARÁN

Recentemente visitounos Patricia, a nai de Arán para falarnos de como é o traballo dunha xornalista, das fake news, de como se desenrola o seu traballo, como se elabora unha noticia, etc. Foi unha charla moi interesante na que se xuntaron os nenos da clase de infantil de Silvina cos de quinto e sexto.

VISITA DO PAI DE ANA E REBECA

Fai un tempiño, recibimos a visita de Luís, pai de Rebeca e Ana, e falounos de como é o traballo dun biólogo, así como do preocupante que é que os animais mariños coman plásticos, ademais ensinou fotografías e obxectos mariños moi interesantes...