Buscar neste blogue

xoves, 28 de abril de 2022

LECTURAS EN FAMILIA: Natalia e Ariadne

 Como iniciativa da convocatoria 

LECTURA E FAMILIAS

 sacamos esta proposta:

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

  • Natalia, a mamá de Erin, fixo unha gran lectura participativa sobre os contos "A estraña visita" e "A estraña sorpresa".  Contos escollidos pola súa filla e que tiveron cautivad@s aos máis peques do colexio, o alumnado de Educación Infantil.  Saíron encantád@s despois de coñecer esta dúas historias, e a mamá Natalia,tamén! De seguro repetirá a experiencia e nós na BIBLIOTECaión encantadísim@s! 









    • Ariadne a mamá de Nahia, veu a ler un conto tradicional chinés que  fixo reflexionar moito ao alumnado de 3º,4º,5º e 6º de E. Primaria sobre onde está a nosa sorte e que o destino de cada un pode ser bo ou malo dependendo dos ollos que miremos:





    GRAZAS POR PARTICIPAR FAMILIAS!

    martes, 26 de abril de 2022

    NOVAS SECCIÓNS: Emocións + carro de manualidades

     Estreamos novos espazos na nosa BIBLIOTECaión:

    • Recanto das emocións: onde podemos atopar uns cómodas e relaxantes colchonetas cubertas por unha fermosa mosquiteira, onde podemos estar ven tranquilos desfrutando dos numerosos exemplares de libros que se mercaron sobre esta temática. Antes de montar a sección, foron achegados ás aulas durante todo o 2ºT nas caixas de mostras que achegaron os axudantes.



    • Carro de manualidades e efemérides: por mor do Covid, botábamos moito en falta este recanto na nosa BIBLIOTECaión. Este carro trae moita vida e actividade a nosa biblioteca escolar, pois nel podemos atopar moitos materiais para debuxar, recortar, estmpar, etc. E onde a coordinadora da Ana B. Mallo Castro, soe poñer actividades para facer libremente coincidindo con datas e efemérides especiais: Nadal, día da poesía, Primaveira, Samaín, etc.


    luns, 25 de abril de 2022

    MES DO LIBRO: novidades para o 3ºT

    Coincidindo co 23 de abril, DÍA DO LIBRO,

    aí van os axudantes a levar as novidades para as bibliotecas de aula para disfrutar durante o 3º Trimestre. 

    QUÉ GRACIOSOS NESTE INESPERADO TREN! Jajajajaja!


     

    mércores, 20 de abril de 2022

    25 ABRIL: visita da autora Sabela Fernández Trelles

    Esperamos que vos guste esta actividade onde o alumnado deberá vir acompañado dun adulto a pasar un anaco ben divertido con esta autora que preparou con moito agarimo unhas actividades e propostas moi interactivas e participativas na que o debuxo, a fala e a múscia estarán presentes para profundizar nas súas obras.

    Os asistentes recibirán unha bolsa de agasallo. 


    Aquí unha galería de fotos do moito que disfrutamos a visita da autora. Con cancións, sobres que afloraron a nosa creatividade, soños e pesadelos, debuxos en familia, caixa chea de sorpresas, firma de autógrafos e moito máis.
     Moi agradecid@s da túa visita onde deixaches pegada!





















    LARACHA LE! Marcapáxinas intercentros

     Como actividade central para o día do libro os centros escolares do Concello de A Laracha estamos a facer estes fermosos marcapáxinas co slogan: 

    laracha le!


    A idea é realizar o intercambio destes útiles agasallos con frases motivadoras cara a lectura e que van decorados con moita ilusión e creatividade. 

    Así cada nen@ que o elabore recibirá outro marcapáxinas feito por un alumn@ doutro centro. 



    A que está xenial a iniciativa!!!!


    SAÚDOS E BOAS LECTURAS DENDE A BIBLIOTECaión :)

    LECTURA E FAMILIAS: tríptico e calendario para as vindeiras actividades




     

    venres, 8 de abril de 2022

    RECOMENDACIÓNS LECTORAS 2ºT

     Aquí as recomendacións lectoras do 2ºT por se o coelliño lle da algunha idea aos padriños e madriñas. 

    FELIZ PASCUA!!!

    SAÚDOS E BOAS LECTURAS, dende a BIBLIOTECaión :)

    luns, 4 de abril de 2022

    MES DO LIBRO

     Aquí as iniciativas que imos a levar a cabo durante o 

    MES DO LIBRO. 

    Estade atentos ao noso blogue e RRSS para non perder detalle.


     Saúdos e boas lecturas dende a BIBLIOTECaión :)

    venres, 1 de abril de 2022

    VÍDEO AULA CHROMA: ODS 15 animais en extinción

     Aquí o resultado do vídeo realizado na aula Chroma polo alumnado de Educación Infantil II para a súa exposición trimestral sobre o proxecto dos

     ODS 15: ANIMAIS EN EXTINCIÓN