Buscar neste blogue

martes, 31 de marzo de 2020

MULLERES: Anne Frank

Conto narrado pola Profe Elena da serie Pequeña&Grande que nos fala de quen era Anne Frank.

luns, 30 de marzo de 2020

MEJOR JUNTOS

Historia de un neno e unha nena que perseguen os seus soños coa axuda incondicional do seu pai e nai. Conto narrado pola Profe Ana de E.I. 

domingo, 29 de marzo de 2020

TOPITO TERREMOTO

Das nosas lectura favoritas. Conto narrado pola Profe Ana deste topo tan especial e querido. 
Da autora Ana Llenas.

mércores, 25 de marzo de 2020

luns, 23 de marzo de 2020

DÍA DA POESÍA: poemas Coronavirus

MOOOOOOITAS GRAZAS polas aportacións recibidas!!!!

Son uns poemas moi auténticos, no que lle puxéstedes sentimento.

Aquí tedes unha montaxe de vídeo no que se mostran os poema, feito tamén con moito cariño para vós.

ESPERO QUE VOS GUSTE.



Aquí as imaxes de cada un dos poemas:

De Carlota 5º E.P.
 De Diego 5º E.I.

De Mai e Zoe 5º E.P.


 De Mario 1º E.P.

De Pedro 5º E.I.

De Sara B.L. 5º E.I.

 De Sara Q. 3º E.P.

 De Sara T. 6º E.P.

De Tián 5º E.P.

De Vida 5º E.I.

De Xoel 5º E.I.

GRAZAS


MULLERES: Marie Curie

Conto da serie Pequeña&Grande narrado pola Profe Elena de E.I. sobre esta gran científica.

mércores, 18 de marzo de 2020

21 MARZO: Día da Poesía

O sábado 21 de marzo Día da Poesía, propoñemos esta actividade:

Facer unha breve poesía con rima, sobre o Coronavirus.

A POESÍA É SENTIMENTO. QUE PENSAS TI SOBRE O CORONAVIRUS???? EXPRÉSATE!!!!

Poden ser poemas con caracter melancólico, gracioso, de rabia, incertidumbre, esperanzadores, informativos, chistosos, etc.  O que vós quirades!

 Seguro que nos soprendedes coa vosa creatividade e espontaneidade do que se vos vai ocorrendo. Vós mesmos sorprenderédesvos co resultado.

ESPERO AS VOSAS CREACIÓNS :)








SEMANA DA PRENSA

Co eido desta semana de conmemoración dun medio de comunicación tan esencial, estreamos sección na BIBLIOTECaión con este expositor de prensa con revistas educativas, xornais infantís e revistas do noso centro "A Insúa" de números anteriores.




martes, 10 de marzo de 2020

8 M: Conto " Colexio da Igualdade"

O luns 9 de marzo en conmemoración do 8M: Día da Muller, a mestra Ana de E.I. amenizou a hora de ler facendo un versionado contacontos do libro: "O país dos mandóns" de Paloma Rodríguez e Cristina Justo.


Unha historia que lle encantou a todo o alumnado, máis se cabe cando ao igual que na historia puxeron unha bufanda morada en reivindicación dun colexio feliz onde haxa igualdade de xénero. Con este agasallo xa temos algo que contar na casa.







Fermosa foto final:


luns, 2 de marzo de 2020

24 febreiro: DÍA DE ROSALÍA

Posto que o propio día da celebración do Día de Rosalía, data de nacemento da nosa autora máis célebre, estábamos de vacacións de Entroido, foi o xoves 27 cando dende a BIBLIOTECaión se repartiron estas caretas co rosto da autora e co poema 24. da obra "Cantares Gallegos".