Buscar neste blogue

xoves, 12 de decembro de 2019

EXPOSICIÓN 1º Trimestre alumnado E.I.: vídeo

O vídeo que crearon na aula Chroma o alumnado de E.I. como producto final para a exposición sobre o proxecto global de IGUALDADE.

sábado, 7 de decembro de 2019

PROXECTO IGUALDADE: Exposicións 1º Trimestre

A vindeira semana a BIBLIOTECaión será un fervedoiro de actividade, pois contaremos cada día coa exposición dos traballos realizados por cada aula do proxecto global do centro sobre
  IGUALDADE.

As sesións serán as 12:30 e  repartiranse do seguinte xeito:
- Martes 10:  3º e 4º de E.P.
- Mércores 11: 5º e 6º de E.P.
- Xoves 12: 4º, 5º,6º de E.I.
- Venres 13: 1º e 2º de E.P.

Non adiantámos títulos nin temática para que se manteña a expectación e a curiosidade.....

ADRIANA CaiónTuber: No quiero el cabello rizado

Aquí unha alumna de 2º E.P. que nos ven a falar dun libro sobre IGUALDADE:
 "No quiero el cabello rizado" da autora Laura Ellen Anderson.



GRAZAS ADRIANA!!



NATALIA CaiónTuber: clásico

Esta é a recomendación do clásico reeditado de "20.000 leguas de viaje submarino" de Julio Verne.



GRAZAS NATALIA!!

LUCAS CaiónTuber: Animalotes 1

Lucas Amado de 3º de E.P. quizo compatir as aventuras desta pandilla de animais. 

Libro "Animalotes 1" de Aaron Blabey.
En vindeiras entregas virá a falarnos da segunda entrega e a terceira tamén que xa a está rematando de ler.

GRAZAS LUCAS!!!

martes, 3 de decembro de 2019

SABELA CaónTuber: La hora de las brujas

A primeira entrega da saga "La hora de las brujas: El cuchillo y el vampiro" de Jake Henseleit.

Esta alumna de 4 º fai un moi bo resumo do contido deste libro de misterio, medo e aventuras.

GRAZAS SABELA!!!!

xoves, 28 de novembro de 2019

NATALIA CaiónTuber: Los sin miedo 1

Recomendación do libro "La casa del fin del mundo" de Jose María Plaza.

Libro de misterio, medo, aventuras... que engancha tanto que xa está desexando emprestar a 2ª entrega.
GRAZAS NATALIA!!!!

mércores, 27 de novembro de 2019

CaiónTuber´s

O luns 25 de novembro entregamos caixas moradas cheas de lecturas en prol da IGUALDADE, aproveitamos este momento para lanzar unha actividade en prol do hábito lector e expresividade oral cunha iniciativa motivadora:

Para que os lectores see animen a recomendar os exemplares de libros que emprestan dende a BIBLIOTECaión.

Poden ser recomendacións dos libros das caixas moradas, ou calqueira outro libro do que queiran falar. Estas recomendacións subirémolas ao blog.

Esperamos moita participación e vídeos ben interesantes. 

25 N dende a BIBLIOTECaión

Dende a biblioteca escolar de centro tamén quixemos contribuír a conmemoración do 25 N.

Para iso repartimos unha caixa da froitería a cada clase para que a pintasen de morado.
Cinco caixas, unhapor aula.
Este luns entregamos as caixas cheas de lecturas sobre a igualdade e diversidade para inculcar dende a literatura uns valores de tolerancia e respecto que esperamos que a través da lectura afonden positivamente nos pensamentos do noso alumnado. Xeracións futuras cheas de mensaxes positivas.

 Exemplares que poderán ser emprestados polos lectores/as ou empregados na aula durante todo o curso.

Tamén lles puxemos ás caixas unha mensaxe transgresora de todo estereotipo.


Nin 25, nin 8. Igualdade 365. NON á violencia contra as mulleres.


martes, 12 de novembro de 2019

MALETA IGUALDADE

Como non podía ser menos, posto que o proxecto global de centro este ano versa sobre a IGUALDADE, durante 15 días teremos exemplares específicos sobre este tema que viñeron dentro desta bonita maleta morada dende a Asesoria de Bibliotecas Escolares.

Moitos títulos xa os tiñamos na nosa BIBLIOTECaión, outros non e temos a oportunidade de descubrilos.


















Agora a sacarlles proveito!!

mércores, 6 de novembro de 2019

VÍDEO RESUMO: proceso renovación BIBLIOTECaión

Aquí o emotivo vídeo que se proxectou durante o acto de apertura oficial.

A DISFRUTALO!!!!!


ÉXITO NA APERTURA OFICIAL DA BIBLIOTECaión

O 5 de novembro foi un día moi emotivo para o centro, pois acudiron numerosas personalidades para a apertura oficial da nosa benqueridiña BIBLIOTECaión.

Aquí os enlaces de prensa:
XUNTA DE GALICIA - Noticias Educación

LA VOZ DE GALICIA - Edición Carballo

NOTICIASDE.es

VIDEO: Exposición axudantes

Un pequeno vídeo do Contacontos: "Non máis princesas"
CONTACONTOS: Pedro Brandariz

E unha galería de fotos:

O alumnado de E.P. agardando




Tachán!!!!                                                                                                            Chegada das autoridades.

Benvida do Director.                                                                                           Palabras da coordinadora.



O ambiente na biblioteca.                                                              Vídeo resumo da inaguración do16 maio.



Todos moi atententos.                                                                                     Dábanos a risa de vernos.










Comezaban os nervios.                                                                             Daniela comezando a exposición.




Hugo falando do recanto de E.I.                                                                Axudantas: Carlota, Antía e Zoe.



Mateo falou dos empréstitos.                                                        Mai ensinando os colgantes dos recantos.



Tián explica o espazo Maker.                                                                          Sara co carro de Bibliopatio.



Xurxo cun libro de consulta.                                                                          Carmela fala da literatura:82N
.









Lucas ensina outra literarura, dvd e cd.                                                      Daniela, moi expontánea, jajaja.



Tod@s moi atentos a exposición.                                                                O mestre de música preparado.




O coro escolar de E.P. preparado.                                                                              Entonando a peza.                    
Foto oficial.

Contacontos de Pedro Brandariz: "Non máis princesas" para o púbiblo de E.I. e E.P.

"Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa?" e " As nenas voan alto".

martes, 5 de novembro de 2019

Inaguración da BIBLIOTECaión do 16 de maio - INTRES MÁXICOS

O pasado 17 de maio de 2019, tras un duro ano de traballo e grazas a incorporación en PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) aquí podedes ver o resultado do traballado, a reacción dos alumnos xa o di todo.

Agora temos unha biblioteca ben chula, con exemplares de libros alucinantes, e que queremos a cal lle sacaremos partido ata que se convirta nun laboratorio de aprendizaxes.

Aquí tendes os momentos que queremos compartir:

- VIDEOS:
Daniela e Xiana anunciando que vai abrir.

Grupo 1º e 2º E.P.


Grupo E.I.




Saltos de ledicia

- GALERÍA DE FOTOS: