Buscar neste blogue

sábado, 26 de marzo de 2022

Pola visibilidade: DÍA DO AUTISMO

Sabíades que...: 

o próximo 2 de abril 
é o Día Mundial de concienciación sobre o autismo.   

O autismo ou TEA (trastorno de espectro autista) é unha condición da persoa, non se “padece” nin é unha enfermidade.  É dicir, as persoas TEA teñen características concretas coa que viven, ao igual que se ten o pelo marrón, os ollos verdes ou falta unha perna.  Sobre todo, afectan a como ven o mundo e a forma distinta na que aprenden.

Pinchade neste interesante vídeo no que o explica moi ben:

Versión orixinal: https://mundoasperger.com/el-autismo-explicado-para-ninos-video/


Vos deixamos outros enlaces de interese por se queredes saber máis:

https://www.youtube.com/watch?app=desktop&v=DhcYsJm-Dic

https://diamundialautismo.com/

https://www.espacioautismo.com/

https://www.biblogtecarios.es/davidgomez/concienciando-sobre-el-autismo-desde-las-bibliotecas/


Para o alumnado máis maior deixamos uns tráilers con ideas de películas para ver: 

EL FARO DE LAS ORCAS: https://www.youtube.com/watch?v=dTV7UbA_QB8

ESPECIALES https://www.youtube.com/watch?v=0J32OjoWk-0

ATÍPICO (serie Netflix) https://www.youtube.com/watch?v=3qNkNtjGtEU


E aquí algunhas CURTAMETRAXES máis para TODOS OS PUBLICOS para comprender e reflexionar:



Para dar visibilidade ao TEA na BIBLIOTECaión contamos con algúns exemplares sobre a diversidade e sobre o autismo que podedes descubrir. Aquí os tedes: 






Ademáis de diversos títulos adaptados pola asociación BATA con pictogramas para o alumnado presente no centro con estas casuísticas: 
 


Por último, en colaboración cos centros do Concello, CEIP Ramón Otero Pedrayo e CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco, imos realizar esta proposta conxunta intercentros cunha breve actividade de visibilización que consite no seguinte:


ESPERAMOS QUE VOS GUSTE A INICIATIVA E PARTICIPEDES EN PROL DA DIVERSIDADE!

martes, 8 de marzo de 2022