Buscar neste blogue

xoves, 12 de novembro de 2020

13 nov: DÍA DAS LIBRARÍAS

Onte, como proposta da BIBLIOTECaión, vivimos unha gran experiencia mercando exemplares nunha libraría improvisada no hall do colexio: 

LIBRARÍA "Encontos"




Recibimos unha mensaxe de Mariña, a mascota da biblioteca, na porta das aulas e dentro dun carro. Nese papel contábanos o importante que é promover a compra de libros  nos establecementos da contorna. 

 

Tamén que tiñamos unha misión moi importante, mercar os libros relacionados co PDI de este ano: ODS (Obxectivos de desenvolvemento sustentable).





Para iso, fixemos un sorteo, para repartir carteiras de cores con cartos "de verdade". Pois os libros tiñan prezo e tiñamos que poñer en práctica os nosos coñecementos matemáticos. 

Ademáis, do sorteo, resultaron familias diversas: parellas heterosexuais, parellas homosexuais, solteir@s, familias numerosas, xente pobre sen cartos, xente rica con moitos cartos, ... e mesmo un vadío que pedía cartos ás portas da libraría para poder adquirir un libro.

Toda esta teatralización foi todo un éxito, e cunhas aprendizaxes moi proveitosas sobre o gran valor da solidaridade e as desigualdades que se dan en situacións cotiás da vida. 

De seguro que nos fogares de Caión, hoxe os nen@s falan do que lles aconteceu na Libraría "Encontos". E que marchamos coa idea arraigada do importante que é mercar nestes establecementos "encantadores" e próximos; e non a través de Internet ou en grandes superficies.

 O certo e que o pasamos xenial, porque somos uns teatreiros!!!







Grazas aos mestrXs  por involucrarse explicando a actividade na aula e ao alumnado que participaron na elaboración do mural, sen cheirarse nada do que iba a acontecer.

Esta Mariña sempre nos sorprende :) 

Aquí máis fotos e vídeos do acontecido:

- E.I. 1 (3 e 4 anos):



- E.I. 2 (4 e 5 anos):

 






- 1º e 2º E.P.:

 







Aquí unha fermosa vídeo - montaxe realizada pola titora da aula: Noemi Romay


- 3º e 4º E.P.:
Teatralización completa 3º e 4º E.P.: https://youtu.be/2GZHrdaJpuY




-5º e 6º E.P.:






Ningún comentario:

Publicar un comentario