Buscar neste blogue

martes, 25 de xaneiro de 2022

30 XANEIRO: Día da paz e non violencia

 A entrada na nosa BIBLIOTECaión luce así de fermosa:


Aquí a exposición cos exemplares seleccionados que están relacionados co actos en prol da paz e en contra da violencia.

Lembrar as entradas doutros anos como:

- CONTO: "O principio" de Paula Carballeira con efectos de son feita na Radio escolar 
- CANCIÓN: realizada polo alumnado de E.I. curso 2020-2021 "Día da Paz" do libro Tic, Tac, toc de Pablo Díaz 

Nesta entrada tamén publicaremos as recomendacións lectoras dos CaionTuber´s. 

Lucas Amado - 5º E.P. - "La paloma Mari Paz"

Aroa Rojo - 4ª E.P. - "El enemigo"

Sara Baumann - 1º E.P. - "Invisibles"






luns, 17 de xaneiro de 2022

BIBLIOTECA E FAMILIAS

 Comunicamos a toda a comunidade educativa que fomos seleccionados neste programa que pretende achegar ás familias á biblioteca escolar a través da lectura.

Mandamos este formulario para poder anotarse e vir a realizar actividades:



ESPERAMOS QUE ESTA INICIATIVA ENCHA A BIBLIOTECaión DE EXPERIENCIAS FERMOSAS. 

Xa estamos a recibir as primeira solicitudes :) 

GRAZAS POLA COLABORACIÓN FAMILIAS

martes, 21 de decembro de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS - 1º Trimestre - Curso 2021-2022

 Aquí as RECOMENDACIÓNS LECTORAS do 1º Trimestre elaboradas polo equipo de biblioteca. Desexamos que vos gusten e sexan de utilidade.

BOAS FESTAS E LEDO NADAL!

luns, 13 de decembro de 2021

EXPOSICIÓN NADAL

 Os axudantes da  montaron esta selección de libros con temática sobre o Nadal.


As recomendacións lectoras que se fagan de CaiónTuber´s serán subidas nesta entrada.

Sara Baumann - 1º E.P. - "Un copo de nieve en el bolsillo"



Xabier Rey Sanjurjo - 2º E.P. - "O apalpador e a castaña"

Mayra Villar Nieves - 1º E.P. - "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis"

Pedro Calviño - 1º E.P. - "Chocolate infinito"

Daniel Mallo - 2º E.P. - "El festín de Navidad"

FELICES FESTAS DENDE A BIBLIOTECaión!

3 decembro: DÍA DISCAPACIDADE

 PARA CONMEMORAR ESTA DATA FIXEMOS DÚAS ACTIVIDADES BEN CHULAS!

1._ A asociación "Aloumiños" en horario de tarde veu a facer un contacontos ben animado sobre a linguaxe de signos, tratábase da historia dun amorodo chamado Di. QUE BEN O PASAMOS!




2._ O Director, José, fixo unha sesión de contacontos sobre o conto "Ciudad riquísimo" onde un súper-espegueti ía axudando a un montón de alimentos discapacitados e remataba sendo o heroe que sempre soñaba.










LECTURAS COMPARTIDAS: Sabela

A alumna de 6º E.P., Sabela Formoso Picaddi, quixo facer unha sesión de contacontos para o alumnado de E. Infantil sobre o conto "A viaxe das bolboretas".



Coa entonación que lle puxo e as voces que empregou para cada unha das personaxes, o público estaba moi atento e enganchado á historia.




MOITAS GRAZAS SABELA, repite cando o desexes, nós encantados :)


martes, 30 de novembro de 2021

25 N: exposición e CaionTuber´s contra a violencia de xénero

Para conmemorar tan sinalada data, fixemos unha exposición de exemplares que conciencian dende a literatura infantil para acabar con esta lacra.

Tamén puxemos na porta da BIBLIOTECaión un buzón no cal escribir mesaxes, slogans ou debuxos en contra desta violencia.


Cos exemplares da exposición, o alumnado poderá acudir no recreo a facer as aúas recomendación e contarnos de que trata cada exemplar. Os vídeos serán subidos nesta entrada do blogue.

Fabio Vilas - 2º E.P. - "¿Qué me cuentas Caperucita?







LECTURAS COMPARTIDAS : ods 11 "El nño que domó el viento"

 Cada mes, un alumno/a p´restase a ler un conto ao resto do alumnado sobre o proxecto global de centro dobre os ODS.


Neste mes de novembro co ODS 11: cidades sustentables e non contaminantes, Lucas Amado de 5º E.P. prestouse a ler un conto que fala de como con poucos recursos e moitas ganas podemos lograr grandes cambios na nosa comunidade.


Este conto está inspirado na historia real de William Kamkwamba quen grazas o seu esforzo e ao poder de aprendizaxe que hai nos libros, logrou contruir un aeroxerador e proporcionar enerxía para que na súa aldea houbese auga e así deixar de pasar fame.


 Lucas, por compartir con nós tan conmovedor relato e facernos a recomendación da película. GRAZAS!!!!!



SAÚDOS E BOAS LECTURAS DENDE A BIBLIOTECaión

martes, 16 de novembro de 2021

BIBLIOTECA CREATIVA: mesa de luz

 Cada luns o grupo de alumnado de E.I. 2 ten unha sesión reservada para empregar a mesa de luz. 

Aquí algunhas imaxes do que fan estes GRANDES PEQUES :)


LECTOESCRITURA 






SAMAÍN 


OUTONO




VOLCÁN



IMPRESORA 3D: alfabeto manipulativo

Dende o laboratorio creativo da BIBLIOTECaión tamén saen materiais prácticos para as aulas.

Este foi o encargo que recibimos para a Aula de Educación Infantil, querian as letras do abecedario en letra escolar para manipular e formar palabras.


Aquí podedes ver que foi todo un éxito, e que lles está a ser de moita utilidade:

SCORNABOTS: biblioteca creativa aprendendo as direccións en lingua extranxeira (Inglés)

 O profe Pablo preparou este taboleiro para o Scornabot co cal practica en lingua inglesa as direccións (left, rght, etc.) 

De seguro unha maneira ben práctica e atractiva para aprendelas. 



venres, 5 de novembro de 2021

3 NOVEMBRO: Día internacional en contra do acoso escolar

 LECTURAS COMPARTIDAS

 CONTRA O BULLYING


Este mércores 3 de novembro para concenciar sobre este tema tan serio que se da nos ambientes escolares, Victor Antelo de 4º E.P. e Neo Suárez de 3º E.P., fixeron a lectura e proxección de dous títulos moi interesantes: 

- "O sombreiro de Bruno"


e
- "Guay"


ambos do autor Canizales.

A actividade foi todo un éxito, e foi moi divertido anunciar pola megafonía do colexio, que ía ter lugar durante á hora de ler, despois do recreo. 

Unha forma moi encantadora de compartir lecturas, pois anínda que poida parecer que estes álbum ilustrados son para os máis pequechos, o certo e que agochan relexión para todo tipo de públicos. 

Tras a lectura produciruse un coloquio de como abordar este tema se presenciamos algo parecido, e afloraron ideas e aprendizaxes que de seguro afondaron no corazón das crianzas. 

Puideron acudir alumnado de diversos curso ata o aforo máximo de 26 usuarios. E no vindeiro contacontosd, daremos prioridade aos que non puideron asistir. 


 
A rapazada xa pregunta cando poden vir contar un conto! 

Nós xa estamos desexando a seguinte edición de LECTURAS COMPARTIDAS. 


SAÚDOS E BOAS LECTURAS, DENDE A BIBLIOTECaión :)


sábado, 30 de outubro de 2021

SAMAÍN: Exposición e CaiónTuber´s

 Aquí a primeira exposición cunha ampla selección de fondos sobre exemplares relacionados coa festividade do SAMAÍN.


Tras a lectura de estos exemplares, os alumnos e alumnas poderán acudir á aula de Audiovisuais, e coa colaboración dos axudantes gravar unha reseña de estos exemplares na nosa aula Chroma axudándonos de un breve guión.

 Unha forma ben práctica de desenvolver a nosa capacidade de expresión escrita e oral, e comprensión dos datos dun libro: autor, ilustrador e editorial. 
E de adquirir competencias informacionais e mediáticas. 




Os vídeos de reseñas sobre exemplares do SAMAÍN serán publicados nesta entrada do blogue paulatinamente.

Adriana Lareo - 4º E.Primaria - "O noso Samaín"


Ana Varela - 5º E. Primaria - "Las brujas" de Roald Dahl versión cómic


Noa González - 4º E.Primaria - "Fantasmas: manual de instrucciones"


Aroa Rojo - 4º E. Primaria - "Feliz Halloween"



Natalia Lareo - 6º E. Primaria - "Fantasmas" novela ilustrada




Adriana Lareo - 4º E. Primaria - "Mortiña: unha historia para esmendrellarse de risa"


Mauro Golán - Educación Infantil - "Como mola tu escoba"


Ana Varela - 5º E.P. - "Fantasmas"

Adriana Lareo - 4ºE.P. - "Curuxa"

Adriana Lareo - 4ºE.P. - "Las brujas" - Roald Dahl (versión cómic)

Ana Varela - 5º E.P. - "Os espeluznantes casos de Margo Malo"

Ana Novo - 2ºE.P. - "Ana Kadabra"
 (sen son -PROBLEMA TÉCNICO)


Pedro Calviño -1º E.P. - "Feliz Halloween


Natalia Lareo - 6º E.P. - "Fantasmas"


Natalia Lareo - 6 E.P. - "Los espeluznantes casos de Margo Malo"


Mateo Casal - E.I. - "¿Quién es?

Erin Tarrio - E.I. - "Un vampiro peligrozo" 
(sen son -PROBLEMA TÉCNICO)


Lis Suárez - E.I. - "Como reconocer a un mosntruo"
(sen son -PROBLEMA TÉCNICO)

Miguel Marrozos - E.I. - "Estás ahí monstruo"
(sen son -PROBLEMA TÉCNICO)

Valeria Rojo - E.I. - "El vampiro Edelmiro"
(sen son -PROBLEMA TÉCNICO)


Adriana Lareo - 4º E.P. - "A todos los monstruos les da miedo la oscuridad"


Sara Baumann - 1º E.P. - "Gustavo: el fantasma tímido"

Daniela Mallo Mallo - 2º E.P. - "Halloween: historias de 5 minutos"

SAÚDOS E BOAS LECTURAS 

DENDE A BIBLIOTECaión :)