LECTURAS COMPARTIDAS
CONTRA O BULLYING
Este mércores 3 de novembro para concenciar sobre este tema tan serio que se da nos ambientes escolares, Victor Antelo de 4º E.P. e Neo Suárez de 3º E.P., fixeron a lectura e proxección de dous títulos moi interesantes:
- "O sombreiro de Bruno"
e
- "Guay"
ambos do autor Canizales.
A actividade foi todo un éxito, e foi moi divertido anunciar pola megafonía do colexio, que ía ter lugar durante á hora de ler, despois do recreo.
Unha forma moi encantadora de compartir lecturas, pois anínda que poida parecer que estes álbum ilustrados son para os máis pequechos, o certo e que agochan relexión para todo tipo de públicos.
Tras a lectura produciruse un coloquio de como abordar este tema se presenciamos algo parecido, e afloraron ideas e aprendizaxes que de seguro afondaron no corazón das crianzas.
Puideron acudir alumnado de diversos curso ata o aforo máximo de 26 usuarios. E no vindeiro contacontosd, daremos prioridade aos que non puideron asistir.
A rapazada xa pregunta cando poden vir contar un conto!
Ningún comentario:
Publicar un comentario