Buscar neste blogue
luns, 21 de xuño de 2021
LER EN VERÁN
xoves, 27 de maio de 2021
5ºRADIOTuber´s LGTBIQfobia
Aquí achegamos o derradeiro programa do curso escolar coas recomendación lectoras en prol de colectivos diversos, porque unha sociedade de cores é o que queremos ensinar a normalizar e respectar.
Moitas grazas pola participación dos radiotubeir@s na radio e a adicación en preparar os seus guións.
SAÚDOS E BOAS LECTURAS, dende a BIBLIOTECaión :)
xoves, 20 de maio de 2021
LGTBIQfobia
LGTBIQfobia
O 17 de maio, é un día grande na nosa Comunidade Autónoma, Galicia, polas Letras Galegas; pero alén diso é unha data conmemorativa para visibilizar eses prexuizos que persisten en canto aos colectivos de
Lesbianas, Gays, Transexiais. Bisexuais, Intersexuais e Queer
na nosa sociedade.
A BIBLIOTECaión quere ser inclusiva, e por iso levamos a cabo unhas iniciativas ben chulas.
1. A coordinadora de biblioteca e a súa vez mestra de Infantil, a Profe Ana, foi por todas as clases a facer de contacontos e deleitounos con 2 exemplares diversos e adaptados a idade sobre esta temática. Tras unha lectura, diferente en cada aula, fixemos unha posta en común e reflexión da mensaxe que contiñan cada conto e un diálogo sobre o tema.
2. Ademáis deixáron unha ficha para colorear con datos para reflexionar sobre esta xente de orientacións sexuais non tan comúns pero si presentes e existentes que temos que aprender e educar as nosas criazas para respectalas.
3. Exposición de exemplares.
4. Os exemplares da exposición contiñan o guión para a 5ª edición do programa RADIOTUBER´S que se está a gravar nestes intres e publicaremos próximamente.
Víva a diversidade!
Na BIBLIOTECaión gústannos as cores.
luns, 17 de maio de 2021
Mural XELA ARIAS
Aquí o resultado dun mural colectivo en conmemoración da autora galardoada nas Letras Galegas: Xela Arias.
As aulas de Infantil encargáronse de decorar diversos retratos.
Os de 1º e 2º unha liña do tempo sobre a súa vida.
Os de 3º e 4º replicaron as portadas das súas obras.
luns, 10 de maio de 2021
RECURSOS LETRAS GALEGAS
Aquí unha chea de recursos para que nas aulas traballemos sobre a autora homenaxeada nas LETRAS GALEGAS 2021
XELA ARIAS
1. VÍDEOS:
2. RECURSOS:
3. XOGOS:
4. CANCIÓNS:
- Canción de Samuel Soto con Pictogramas por Colexio Compañía de María (Cangas)
5. FOTOS:
6. SKAPEROOM: "Descubrindo a Xela"
- Vídeo antes do xogo: https://www.youtube.com/watch?v=ampxISm9LL0&t=9s
- Xogo:
Canto por explorar de
XELA ARIAS
dende a BIBLIOTECaión :)
venres, 30 de abril de 2021
VÍDEO RESUMO: Mes do libro
Aquí unha videomontaxe de tanta actividade que tivo a BIBLIOTECaión neste mes de abril, MES DO LIBRO por excelencia.
E tamén fotos dos agasallos finais que Mariña deixou nas aulas:
mércores, 21 de abril de 2021
MES DO LIBRO: Contacontos familias colaboradoras da BIBLIOTECaión
ÁLBUM PARA COMPARTIR O VÍDEO: https://photos.app.goo.gl/JFc1CG9NY5bHmYuM9
MES DO LIBRO: os nosos contos
OS NOSOS CONTOS
Retomamos por aquí o documento con enlaces a todos eses contos narrados pola mestra Ana e a mestra Elena que nos fixeron máis levadeiro o confinamento durante o curso pasado (algo bo tiña que ter, jajajja)
PREMER NA IMAXE OU NO SEGUINTE ENLACE
https://drive.google.com/file/d/1hTHE9P1k3qRrjHd3jgIernxEv2i2LrXV/view?usp=sharing
MES DO LIBRO: libros en galego
LIBROS EN GALEGO
Para achegar a literatura galega, aproveitamos este mes tan sinalado para publicar unha escolma de libros moi interesantes, sobretodo proveitosa para o alumnado de E. Infantil e 1º ciclo de E. Primaria.


































