LGTBIQfobia
O 17 de maio, é un día grande na nosa Comunidade Autónoma, Galicia, polas Letras Galegas; pero alén diso é unha data conmemorativa para visibilizar eses prexuizos que persisten en canto aos colectivos de
Lesbianas, Gays, Transexiais. Bisexuais, Intersexuais e Queer
na nosa sociedade.
A BIBLIOTECaión quere ser inclusiva, e por iso levamos a cabo unhas iniciativas ben chulas.
1. A coordinadora de biblioteca e a súa vez mestra de Infantil, a Profe Ana, foi por todas as clases a facer de contacontos e deleitounos con 2 exemplares diversos e adaptados a idade sobre esta temática. Tras unha lectura, diferente en cada aula, fixemos unha posta en común e reflexión da mensaxe que contiñan cada conto e un diálogo sobre o tema.
2. Ademáis deixáron unha ficha para colorear con datos para reflexionar sobre esta xente de orientacións sexuais non tan comúns pero si presentes e existentes que temos que aprender e educar as nosas criazas para respectalas.
3. Exposición de exemplares.
4. Os exemplares da exposición contiñan o guión para a 5ª edición do programa RADIOTUBER´S que se está a gravar nestes intres e publicaremos próximamente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario