Aquí achegamos o derradeiro programa do curso escolar coas recomendación lectoras en prol de colectivos diversos, porque unha sociedade de cores é o que queremos ensinar a normalizar e respectar.
Moitas grazas pola participación dos radiotubeir@s na radio e a adicación en preparar os seus guións.
O 17 de maio, é un día grande na nosa Comunidade Autónoma, Galicia, polas Letras Galegas; pero alén diso é unha data conmemorativa para visibilizar eses prexuizos que persisten en canto aos colectivos de
Lesbianas, Gays, Transexiais. Bisexuais, Intersexuais e Queer
na nosa sociedade.
A BIBLIOTECaión quere ser inclusiva, e por iso levamos a cabo unhas iniciativas ben chulas.
1. A coordinadora de biblioteca e a súa vez mestra de Infantil, a Profe Ana, foi por todas as clases a facer de contacontos e deleitounos con 2 exemplares diversos e adaptados a idade sobre esta temática. Tras unha lectura, diferente en cada aula, fixemos unha posta en común e reflexión da mensaxe que contiñan cada conto e un diálogo sobre o tema.
2. Ademáis deixáron unha ficha para colorear con datos para reflexionar sobre esta xente de orientacións sexuais non tan comúns pero si presentes e existentes que temos que aprender e educar as nosas criazas para respectalas.
3. Exposición de exemplares.
4. Os exemplares da exposición contiñan o guión para a 5ª edición do programa RADIOTUBER´S que se está a gravar nestes intres e publicaremos próximamente.
Retomamos por aquí o documento con enlaces a todos eses contos narrados pola mestra Ana e a mestra Elena que nos fixeron máis levadeiro o confinamento durante o curso pasado (algo bo tiña que ter, jajajja)
Para achegar a literatura galega, aproveitamos este mes tan sinalado para publicar unha escolma de libros moi interesantes, sobretodo proveitosa para o alumnado de E. Infantil e 1º ciclo de E. Primaria.
Mostran enlaces con acceso a contos para ver, xogar e ler.
Esperamos que vos guste!!!
A coordinadora da BIBLIOTECaión fíxoo con moito agarimo :)
Dende a BIBLIOTECaión acollemos a vindeira semana cheXs de ilusión e agarimo.
E como nos encantan os contos e encántanos facer de contacontos, aproveitaremos a semana para facer un apadriñamento lector e compartir lecturas durante a hora de ler, despois do recreo, e achegarnos as aulas de irmáns, familiares e amigos do cole a ser protagonistas e lerlles exemplares marabillosos.