Buscar neste blogue

venres, 30 de abril de 2021

VÍDEO RESUMO: Mes do libro

 Aquí unha videomontaxe de tanta actividade que tivo a BIBLIOTECaión neste mes de abril, MES DO LIBRO por excelencia. 

E tamén fotos dos agasallos finais que Mariña deixou nas aulas:












mércores, 21 de abril de 2021

MES DO LIBRO: Contacontos familias colaboradoras da BIBLIOTECaión

 

ÁLBUM PARA COMPARTIR O VÍDEO: https://photos.app.goo.gl/JFc1CG9NY5bHmYuM9 

MES DO LIBRO: contacontos Sabela Gago

 


MES DO LIBRO: os nosos contos

 OS NOSOS CONTOS

Retomamos por aquí o documento con enlaces a todos eses contos narrados pola mestra Ana e a mestra Elena que nos fixeron máis levadeiro o confinamento durante o curso pasado (algo bo tiña que ter, jajajja)

PREMER NA IMAXE OU NO SEGUINTE ENLACE

https://drive.google.com/file/d/1hTHE9P1k3qRrjHd3jgIernxEv2i2LrXV/view?usp=sharing



MES DO LIBRO: libros en galego

LIBROS EN GALEGO

 Para achegar a literatura galega, aproveitamos este mes tan sinalado para publicar unha escolma de libros moi interesantes, sobretodo proveitosa para o alumnado de E. Infantil e 1º ciclo de E. Primaria.



Mostran enlaces con acceso a contos para ver, xogar e ler.

Esperamos que vos guste!!!
A coordinadora da BIBLIOTECaión fíxoo con moito agarimo :)


(PREMER NA IMAXE INFERIOR ou NO ENLACE ANTERIOR)



luns, 19 de abril de 2021

MES DO LIBRO: contacontos alumnado semana 19 a 23 abril

 SEMANA DO LIBRO 

Dende a BIBLIOTECaión acollemos a vindeira semana cheXs de ilusión e agarimo.

E como nos encantan os contos e encántanos facer de contacontos, aproveitaremos a semana para facer un apadriñamento lector e compartir lecturas durante a hora de ler, despois do recreo, e achegarnos as aulas de irmáns, familiares e amigos do cole a ser protagonistas e lerlles exemplares marabillosos.














Estamos desexando este apadriñamento lector :)

luns, 12 de abril de 2021

MES DO LIBRO: Contacontos Concello

 Este mes de abril o Concello de A Laracha realiza diferentes contacontos un deles no ximnasio do noso centro para respetar normativa Covid e achegarse a todos os contornos. GRAZAS

Ximnasio - CEIP de Caión
XOVES 15 
18:00h

"BRICADEIRA PIRATA"


mércores, 24 de marzo de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS 2º Trimestre

 Estimadas familias:  

Aquí tedes unha nova entrega das nosas recomendacións lectoras para o 2ºTRIMESTRE.

Optamos outra vez polo formato dixital para un acceso máis cómodo e portable, así como para contribuir á reducción do papel pensando no benestar do noso planeta. 

Esperamos que vos gusten, sexan do voso interese e útiles.

SAÚDOS E BOAS LECTURAS DENDE A BIBLIOTECaión :)

luns, 8 de marzo de 2021

8 M na BIBLIOTECaión

 Aquí un vídeo resumo das actividades que se emprenderon dende a BIBLIOTECaión para conmemorar o 8M: Día da Muller


Curso 2020-2021 durante o 8M:Día da muller, as actividades que se fixeron para conmemorar esta data:

- representación conto "ELLAS" da autora e ilustradora Raquel Díaz Reguera
- escolma de exemplares da BIBLIOTECaión para o vindeiro programa Radiotuber´s
-empréstito de exemplares

SAÚDOS E BOAS LECTURAS DENDE A BIBLIOTECaión :)

8 M: Canción "ELLAS"

 Canción en castelán e ilustracións do conto "ELLAS" da autora e ilustradora Raquel Díaz Reguera.

domingo, 7 de marzo de 2021

8M: conto "ELLAS"

 "ELLAS" conto da autora e ilustradora Raquel Díaz Reguera

Este luns 8 de marzo coa participación da alumnAS de 6º, 5º e 4º de E. Primaria realizaremos a representación desta fermoso relato.

Nenas anónimas de todos os tempos que veñen a propagar a súa voz e facerse escoitar.

Non impoorta a súa idade, clase ou raza, elas so queren facer voar a súas ás. 

E é que as nenas poden ser o que queiran ser. 

Sen elas, non seríamos nosotras.

3Con elas, esta historia comeza. 

Este libro alegra aos corazóns.

E para agasallar as alumnAS participantes este pequeno e gran detalle con moito poder:



















A representación ten ademais unha melódica sorpresa final :)

GRAZAS A TODO O ALUMNADO DO COLEXIO POR COLABORAR FACENDO AS FIGURAS PARA A REPRESENTACIÓN


















8M: DECORACIÓN e EXPOSICIÓN

 Para engalanar o noso corredor de acceso estreamos decoración relacionada coa conmemoración do 

8M: DÍA DA MULLER.

Aquí os exemplares escollidos para unha nova entrega do 4ºprograma de RadioTuber´s con libros novos recén incorporados a nosa BIBLIOTECaión e outros moi aprezados entre os nos@s alumnXs.





E os demáis contos???? Onde están??? ANDADE ATENTOS, ALGO VAI ACONTECER!


sábado, 6 de marzo de 2021

14 F: Día de Rosalía de Castro

 No CEIP de Caión celebramos o 

14F: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 

con diferentes propostas que se resumen neste vídomontaxe:

- proposta da AELG bailando a versión dos Lelli Kellies

- marcapáxinas

- poemas da autora, debuxos, ...

- etc.


PASÁMOLO Rosalianamente BEN!!!! 

luns, 1 de marzo de 2021

4º RADIOTUBER´S: PAZ

 Aquí o programa radiofónico 

adicado aos contos relacionados coa temática do 

30 de xaneiro:

 DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ.


Saúdos e boas lecturas dende a BIBLIOTECaión :)

venres, 29 de xaneiro de 2021

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Para conmemorar o 
30 de xaneiro Día da Paz e non violencia
dende a BIBLIOTECaión  levaronse a cabo diferentes iniciativas.

1. Exposición de exemplares relacionados con esta temática, que servirán para unha nova edición do programa radiofónico "RadioTuber´s". Aquí podedes ver o ben que loce o noso corredor de entrada:


2. O alumnado de 5º e 6º acudiu á radio escolar para a narración do conto "O principio" de Paula Carballeira e ilustracións abraiantes de Sonja Danowski. Despois dun proceso de edición para ambientar esta fermosa historia con efectos de audio e son. Aquí tedes o fantástico resultado: 

3. Empregando o libro-CD de Pablo Díaz: "Tic, tac, toc" o alumnado de E. Infantil ilustrou esta canción sobre o Día da Paz e non violencia con fotos nas que el@s son os protagonistas. Mirade que chulada!!


Esperamos que desfrutedes do traballo realizado e que as mesaxes de 

PAZ 

cheguen aos vosos corazóns.


SAÚDOS E BOAS LECTURAS, dende a BIBLIOTECaión :)

domingo, 17 de xaneiro de 2021

3º RADIOTUBER´s - NADAL

UN PROGRAMA RADIOFÓNICO PARA FACER RECOMENDACIÓNS LECTORAS.

Nesta 3ª edición recomendacións de libros coa temática do Nadal.

Aquí a video montaxe.


SAÚDOS E BOAS LECTURAS DENDE A BIBLIOTECaión

martes, 22 de decembro de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTURA NADAL

 Aquí as recomendacións de lectura para que Papá Noel e os Reis Magos escollan algún de estes fermosos exemplares como agasallo.


SAÚDOS E BOAS LECTURAS DENDE A BIBLIOTECaión :)

venres, 4 de decembro de 2020

NADAL: Exposición de recomendacións

 Recomendacións NADAL

Aquí unha nova exposición temporal, coas lecturas que xa tiamos na BIBLIOTECaión sobre estas datas tan sinaladas. E novas adquisición moooooooi atractivas. 





Animádevos a emprestalas!

FELICES FESTAS :)