Buscar neste blogue

venres, 29 de xaneiro de 2021

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Para conmemorar o 
30 de xaneiro Día da Paz e non violencia
dende a BIBLIOTECaión  levaronse a cabo diferentes iniciativas.

1. Exposición de exemplares relacionados con esta temática, que servirán para unha nova edición do programa radiofónico "RadioTuber´s". Aquí podedes ver o ben que loce o noso corredor de entrada:


2. O alumnado de 5º e 6º acudiu á radio escolar para a narración do conto "O principio" de Paula Carballeira e ilustracións abraiantes de Sonja Danowski. Despois dun proceso de edición para ambientar esta fermosa historia con efectos de audio e son. Aquí tedes o fantástico resultado: 

3. Empregando o libro-CD de Pablo Díaz: "Tic, tac, toc" o alumnado de E. Infantil ilustrou esta canción sobre o Día da Paz e non violencia con fotos nas que el@s son os protagonistas. Mirade que chulada!!


Esperamos que desfrutedes do traballo realizado e que as mesaxes de 

PAZ 

cheguen aos vosos corazóns.


SAÚDOS E BOAS LECTURAS, dende a BIBLIOTECaión :)

Ningún comentario:

Publicar un comentario