Buscar neste blogue
martes, 11 de outubro de 2022
Obradoiro de Samaín con-sumo coidadín
Hoxe celebrouse un obradoiro impartido polo Instituto Galego de Consumo co fin de fomentar un Samaín máis seguro e responsable. Para eso traballaron en dous obradoiros coa rapazada de toda a escola amosandolles cales son os principais riscos dos disfraces e os seus complementos, así como darlles a coñecer normas de etiquetado básica destes produtos.
Despois da pequena charla inicial o alumnado fixo unha manualidade, decorando unha máscara de caveira a que lle incluíron dous símbolos de etiquetado: o de 0-3 e o CE de conformidade coa normativa legal da Unión Europea.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario