Esperamos que vos guste esta actividade onde o alumnado deberá vir acompañado dun adulto a pasar un anaco ben divertido con esta autora que preparou con moito agarimo unhas actividades e propostas moi interactivas e participativas na que o debuxo, a fala e a múscia estarán presentes para profundizar nas súas obras.
Os asistentes recibirán unha bolsa de agasallo.
Aquí unha galería de fotos do moito que disfrutamos a visita da autora. Con cancións, sobres que afloraron a nosa creatividade, soños e pesadelos, debuxos en familia, caixa chea de sorpresas, firma de autógrafos e moito máis.
Moi agradecid@s da túa visita onde deixaches pegada!
Ningún comentario:
Publicar un comentario