Buscar neste blogue

martes, 30 de novembro de 2021

25 N: exposición e CaionTuber´s contra a violencia de xénero

Para conmemorar tan sinalada data, fixemos unha exposición de exemplares que conciencian dende a literatura infantil para acabar con esta lacra.

Tamén puxemos na porta da BIBLIOTECaión un buzón no cal escribir mesaxes, slogans ou debuxos en contra desta violencia.


Cos exemplares da exposición, o alumnado poderá acudir no recreo a facer as aúas recomendación e contarnos de que trata cada exemplar. Os vídeos serán subidos nesta entrada do blogue.

Fabio Vilas - 2º E.P. - "¿Qué me cuentas Caperucita?







LECTURAS COMPARTIDAS : ods 11 "El nño que domó el viento"

 Cada mes, un alumno/a p´restase a ler un conto ao resto do alumnado sobre o proxecto global de centro dobre os ODS.


Neste mes de novembro co ODS 11: cidades sustentables e non contaminantes, Lucas Amado de 5º E.P. prestouse a ler un conto que fala de como con poucos recursos e moitas ganas podemos lograr grandes cambios na nosa comunidade.


Este conto está inspirado na historia real de William Kamkwamba quen grazas o seu esforzo e ao poder de aprendizaxe que hai nos libros, logrou contruir un aeroxerador e proporcionar enerxía para que na súa aldea houbese auga e así deixar de pasar fame.


 Lucas, por compartir con nós tan conmovedor relato e facernos a recomendación da película. GRAZAS!!!!!



SAÚDOS E BOAS LECTURAS DENDE A BIBLIOTECaión

martes, 16 de novembro de 2021

BIBLIOTECA CREATIVA: mesa de luz

 Cada luns o grupo de alumnado de E.I. 2 ten unha sesión reservada para empregar a mesa de luz. 

Aquí algunhas imaxes do que fan estes GRANDES PEQUES :)


LECTOESCRITURA 






SAMAÍN 


OUTONO




VOLCÁN



IMPRESORA 3D: alfabeto manipulativo

Dende o laboratorio creativo da BIBLIOTECaión tamén saen materiais prácticos para as aulas.

Este foi o encargo que recibimos para a Aula de Educación Infantil, querian as letras do abecedario en letra escolar para manipular e formar palabras.


Aquí podedes ver que foi todo un éxito, e que lles está a ser de moita utilidade:

SCORNABOTS: biblioteca creativa aprendendo as direccións en lingua extranxeira (Inglés)

 O profe Pablo preparou este taboleiro para o Scornabot co cal practica en lingua inglesa as direccións (left, rght, etc.) 

De seguro unha maneira ben práctica e atractiva para aprendelas. 



venres, 5 de novembro de 2021

3 NOVEMBRO: Día internacional en contra do acoso escolar

 LECTURAS COMPARTIDAS

 CONTRA O BULLYING


Este mércores 3 de novembro para concenciar sobre este tema tan serio que se da nos ambientes escolares, Victor Antelo de 4º E.P. e Neo Suárez de 3º E.P., fixeron a lectura e proxección de dous títulos moi interesantes: 

- "O sombreiro de Bruno"


e
- "Guay"


ambos do autor Canizales.

A actividade foi todo un éxito, e foi moi divertido anunciar pola megafonía do colexio, que ía ter lugar durante á hora de ler, despois do recreo. 

Unha forma moi encantadora de compartir lecturas, pois anínda que poida parecer que estes álbum ilustrados son para os máis pequechos, o certo e que agochan relexión para todo tipo de públicos. 

Tras a lectura produciruse un coloquio de como abordar este tema se presenciamos algo parecido, e afloraron ideas e aprendizaxes que de seguro afondaron no corazón das crianzas. 

Puideron acudir alumnado de diversos curso ata o aforo máximo de 26 usuarios. E no vindeiro contacontosd, daremos prioridade aos que non puideron asistir. 


 
A rapazada xa pregunta cando poden vir contar un conto! 

Nós xa estamos desexando a seguinte edición de LECTURAS COMPARTIDAS. 


SAÚDOS E BOAS LECTURAS, DENDE A BIBLIOTECaión :)