Buscar neste blogue

martes, 21 de decembro de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS - 1º Trimestre - Curso 2021-2022

 Aquí as RECOMENDACIÓNS LECTORAS do 1º Trimestre elaboradas polo equipo de biblioteca. Desexamos que vos gusten e sexan de utilidade.

BOAS FESTAS E LEDO NADAL!

luns, 13 de decembro de 2021

EXPOSICIÓN NADAL

 Os axudantes da  montaron esta selección de libros con temática sobre o Nadal.


As recomendacións lectoras que se fagan de CaiónTuber´s serán subidas nesta entrada.

Sara Baumann - 1º E.P. - "Un copo de nieve en el bolsillo"



Xabier Rey Sanjurjo - 2º E.P. - "O apalpador e a castaña"

Mayra Villar Nieves - 1º E.P. - "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis"

Pedro Calviño - 1º E.P. - "Chocolate infinito"

Daniel Mallo - 2º E.P. - "El festín de Navidad"

FELICES FESTAS DENDE A BIBLIOTECaión!

3 decembro: DÍA DISCAPACIDADE

 PARA CONMEMORAR ESTA DATA FIXEMOS DÚAS ACTIVIDADES BEN CHULAS!

1._ A asociación "Aloumiños" en horario de tarde veu a facer un contacontos ben animado sobre a linguaxe de signos, tratábase da historia dun amorodo chamado Di. QUE BEN O PASAMOS!




2._ O Director, José, fixo unha sesión de contacontos sobre o conto "Ciudad riquísimo" onde un súper-espegueti ía axudando a un montón de alimentos discapacitados e remataba sendo o heroe que sempre soñaba.










LECTURAS COMPARTIDAS: Sabela

A alumna de 6º E.P., Sabela Formoso Picaddi, quixo facer unha sesión de contacontos para o alumnado de E. Infantil sobre o conto "A viaxe das bolboretas".



Coa entonación que lle puxo e as voces que empregou para cada unha das personaxes, o público estaba moi atento e enganchado á historia.




MOITAS GRAZAS SABELA, repite cando o desexes, nós encantados :)


martes, 30 de novembro de 2021

25 N: exposición e CaionTuber´s contra a violencia de xénero

Para conmemorar tan sinalada data, fixemos unha exposición de exemplares que conciencian dende a literatura infantil para acabar con esta lacra.

Tamén puxemos na porta da BIBLIOTECaión un buzón no cal escribir mesaxes, slogans ou debuxos en contra desta violencia.


Cos exemplares da exposición, o alumnado poderá acudir no recreo a facer as aúas recomendación e contarnos de que trata cada exemplar. Os vídeos serán subidos nesta entrada do blogue.

Fabio Vilas - 2º E.P. - "¿Qué me cuentas Caperucita?







LECTURAS COMPARTIDAS : ods 11 "El nño que domó el viento"

 Cada mes, un alumno/a p´restase a ler un conto ao resto do alumnado sobre o proxecto global de centro dobre os ODS.


Neste mes de novembro co ODS 11: cidades sustentables e non contaminantes, Lucas Amado de 5º E.P. prestouse a ler un conto que fala de como con poucos recursos e moitas ganas podemos lograr grandes cambios na nosa comunidade.


Este conto está inspirado na historia real de William Kamkwamba quen grazas o seu esforzo e ao poder de aprendizaxe que hai nos libros, logrou contruir un aeroxerador e proporcionar enerxía para que na súa aldea houbese auga e así deixar de pasar fame.


 Lucas, por compartir con nós tan conmovedor relato e facernos a recomendación da película. GRAZAS!!!!!



SAÚDOS E BOAS LECTURAS DENDE A BIBLIOTECaión

martes, 16 de novembro de 2021

BIBLIOTECA CREATIVA: mesa de luz

 Cada luns o grupo de alumnado de E.I. 2 ten unha sesión reservada para empregar a mesa de luz. 

Aquí algunhas imaxes do que fan estes GRANDES PEQUES :)


LECTOESCRITURA 






SAMAÍN 


OUTONO




VOLCÁN



IMPRESORA 3D: alfabeto manipulativo

Dende o laboratorio creativo da BIBLIOTECaión tamén saen materiais prácticos para as aulas.

Este foi o encargo que recibimos para a Aula de Educación Infantil, querian as letras do abecedario en letra escolar para manipular e formar palabras.


Aquí podedes ver que foi todo un éxito, e que lles está a ser de moita utilidade:

SCORNABOTS: biblioteca creativa aprendendo as direccións en lingua extranxeira (Inglés)

 O profe Pablo preparou este taboleiro para o Scornabot co cal practica en lingua inglesa as direccións (left, rght, etc.) 

De seguro unha maneira ben práctica e atractiva para aprendelas. 



venres, 5 de novembro de 2021

3 NOVEMBRO: Día internacional en contra do acoso escolar

 LECTURAS COMPARTIDAS

 CONTRA O BULLYING


Este mércores 3 de novembro para concenciar sobre este tema tan serio que se da nos ambientes escolares, Victor Antelo de 4º E.P. e Neo Suárez de 3º E.P., fixeron a lectura e proxección de dous títulos moi interesantes: 

- "O sombreiro de Bruno"


e
- "Guay"


ambos do autor Canizales.

A actividade foi todo un éxito, e foi moi divertido anunciar pola megafonía do colexio, que ía ter lugar durante á hora de ler, despois do recreo. 

Unha forma moi encantadora de compartir lecturas, pois anínda que poida parecer que estes álbum ilustrados son para os máis pequechos, o certo e que agochan relexión para todo tipo de públicos. 

Tras a lectura produciruse un coloquio de como abordar este tema se presenciamos algo parecido, e afloraron ideas e aprendizaxes que de seguro afondaron no corazón das crianzas. 

Puideron acudir alumnado de diversos curso ata o aforo máximo de 26 usuarios. E no vindeiro contacontosd, daremos prioridade aos que non puideron asistir. 


 
A rapazada xa pregunta cando poden vir contar un conto! 

Nós xa estamos desexando a seguinte edición de LECTURAS COMPARTIDAS. 


SAÚDOS E BOAS LECTURAS, DENDE A BIBLIOTECaión :)


sábado, 30 de outubro de 2021

SAMAÍN: Exposición e CaiónTuber´s

 Aquí a primeira exposición cunha ampla selección de fondos sobre exemplares relacionados coa festividade do SAMAÍN.


Tras a lectura de estos exemplares, os alumnos e alumnas poderán acudir á aula de Audiovisuais, e coa colaboración dos axudantes gravar unha reseña de estos exemplares na nosa aula Chroma axudándonos de un breve guión.

 Unha forma ben práctica de desenvolver a nosa capacidade de expresión escrita e oral, e comprensión dos datos dun libro: autor, ilustrador e editorial. 
E de adquirir competencias informacionais e mediáticas. 




Os vídeos de reseñas sobre exemplares do SAMAÍN serán publicados nesta entrada do blogue paulatinamente.

Adriana Lareo - 4º E.Primaria - "O noso Samaín"


Ana Varela - 5º E. Primaria - "Las brujas" de Roald Dahl versión cómic


Noa González - 4º E.Primaria - "Fantasmas: manual de instrucciones"


Aroa Rojo - 4º E. Primaria - "Feliz Halloween"



Natalia Lareo - 6º E. Primaria - "Fantasmas" novela ilustrada




Adriana Lareo - 4º E. Primaria - "Mortiña: unha historia para esmendrellarse de risa"


Mauro Golán - Educación Infantil - "Como mola tu escoba"


Ana Varela - 5º E.P. - "Fantasmas"

Adriana Lareo - 4ºE.P. - "Curuxa"

Adriana Lareo - 4ºE.P. - "Las brujas" - Roald Dahl (versión cómic)

Ana Varela - 5º E.P. - "Os espeluznantes casos de Margo Malo"

Ana Novo - 2ºE.P. - "Ana Kadabra"
 (sen son -PROBLEMA TÉCNICO)


Pedro Calviño -1º E.P. - "Feliz Halloween


Natalia Lareo - 6º E.P. - "Fantasmas"


Natalia Lareo - 6 E.P. - "Los espeluznantes casos de Margo Malo"


Mateo Casal - E.I. - "¿Quién es?

Erin Tarrio - E.I. - "Un vampiro peligrozo" 
(sen son -PROBLEMA TÉCNICO)


Lis Suárez - E.I. - "Como reconocer a un mosntruo"
(sen son -PROBLEMA TÉCNICO)

Miguel Marrozos - E.I. - "Estás ahí monstruo"
(sen son -PROBLEMA TÉCNICO)

Valeria Rojo - E.I. - "El vampiro Edelmiro"
(sen son -PROBLEMA TÉCNICO)


Adriana Lareo - 4º E.P. - "A todos los monstruos les da miedo la oscuridad"


Sara Baumann - 1º E.P. - "Gustavo: el fantasma tímido"

Daniela Mallo Mallo - 2º E.P. - "Halloween: historias de 5 minutos"

SAÚDOS E BOAS LECTURAS 

DENDE A BIBLIOTECaión :)


venres, 29 de outubro de 2021

SAMAÍN: concurso de Meigas

 Para aflorar a nosa creatividade, dende á BIBLIOTECaión, promovemos este concurso de creatividade e expresión escrita.

Por aulas poderán crear CARAS, PÓCIMAS, DESCRICIÓN e RELATOS arrepiantes sobre MEIGAS.



Así de formoso quedou o corcho da entrada ao colexio:


E aquí as fotos dos gañadores recollendo os seus diplomas e agasallos:

DIEGO ANTELO BALDOMIR pola súa orixinal cara de meiga con macarróns e máscara.



MANUEL CASTRO ROS pola súa cara de meiga por tanto traballiño que pasou a poñer a plastilina.



MATEO PUENTE NIÓN pola súa pócima asquerosa e divertida.



MARTÍN OTOÑO SÁNCHEZ pola graciosa descrición de meiga que anda a capturar nenos por Caión para celebrar o seu 100.000 cumpleanos.



HELIA PÉREZ VICENTE pola súa detallada descrición de Meiga.


MARCOS LUCERO SENÍN polo seu orixinal relato "Sono profundo" será un soño ou realidade...



NATALIA LAREO BALADO polo seu relato "Howorts" 
versión inclusiva da famosa escola de J.k. Rowling.


PARABÉNS!!!!!

Aquí hai madeira de escrito@s, haberá máis concursos de expresión ao longo do curso.