Buscar neste blogue

mércores, 27 de novembro de 2019

25 N dende a BIBLIOTECaión

Dende a biblioteca escolar de centro tamén quixemos contribuír a conmemoración do 25 N.

Para iso repartimos unha caixa da froitería a cada clase para que a pintasen de morado.
Cinco caixas, unhapor aula.
Este luns entregamos as caixas cheas de lecturas sobre a igualdade e diversidade para inculcar dende a literatura uns valores de tolerancia e respecto que esperamos que a través da lectura afonden positivamente nos pensamentos do noso alumnado. Xeracións futuras cheas de mensaxes positivas.

 Exemplares que poderán ser emprestados polos lectores/as ou empregados na aula durante todo o curso.

Tamén lles puxemos ás caixas unha mensaxe transgresora de todo estereotipo.


Nin 25, nin 8. Igualdade 365. NON á violencia contra as mulleres.


Ningún comentario:

Publicar un comentario