Temos preparado un acto na BIBLIOTECaión moi especial:
APERTURA OFICIAL
Tras o esforzo realizado o pasado curso na biblioteca escolar de centro, a cal mudou por completo mellorando en canto a instalacións, organización, exemplares, recursos e materiais.... Queremos dar a coñecer o orgullos@s que estamos dela presentándolla a persoalidades importantes da contorna. 
Para iso mandamos esta invitación para convidar ao acto que terá lugar o martes 5 de novembro ás 11:30h.
O acto consistirá en:
- Benvida por parte do Director: José Roca Moro.
 - Palabras da coordinadora da biblioteca: Ana Belén Mallo Castro.
 - Vídeo: vivencias da apertura da renovada biblioteca o 16 maio de 2019.
 - Exposición dos axudantes de biblioteca de como funciona a BIBLIOTECaión.
 - Contacontos: "Non máis princesas" de Pedro Brandariz.
 
É un acto para o cal se require invitación, para unha boa organización do evento.

Ningún comentario:
Publicar un comentario