Buscar neste blogue

luns, 30 de setembro de 2019

SKAPE BIBLIOTECaión

O luns 30 da outubro rematamos as actividades de formación de usuarios cunha actividade moi solicitada polos axudantes.

SKAPE BIBLIOTECaión

A coordinadora de biblioteca pechou a porta e meteu a chave nun cofre con un candado. Se queríamos saír tiñamos que superar os retos en 20 min. de cronómetro.

Case quedamos dentro, pois a pesar de superar as probas, logo non éramos quen de abrir a porta, JAJAJAJAJAJA

















domingo, 22 de setembro de 2019

MERENDA AXUDANTES

Comezamos coa merenda de captación para os axudantes deste curso escolar. 


O xoves 26, venres 27 e luns 30 estes axudantes recibirán formación durante os recreos.

xoves, 20 de xuño de 2019

FIN CURSO ESCOLAR 2018-2019

Remata o curso escolar 2018-2019.

Agradecer ao equipo de axudantes a súa labor para que a BIBLIOTECaión botara a andar.


luns, 10 de xuño de 2019

LECTURAS COMPARTIDAS

Aquí un resumo en fotos desta nova iniciativa das LECTURAS COMPARTIDAS.

Tivemos a gran sorte de recivir moitas visitas no pouco tempo que leva aberta a renovada BIBLIOTECaión: dende contos relatados por avós, alumnos e alumnas, a nosa conserxe Fina, contos en inglés, etc.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN










LIBRO DE FIRMAS

NOVIDADE!!!

A nova BIBLIOTECaión ten o seu propio libro para que as visitas asinen unha dedicatoria para o alumnado do centro.

Aquí podedes ver "O libro de Mariña" coa súa primeira páxina adicada por Lydia Botana.



domingo, 9 de xuño de 2019

CONTACONTOS Lydia Botana

O venres 7 de xuño tivemos de visita a Lydia Botana, quen nos marabillou cun fermoso e musical contacontos do seu libro: "De aquí, para alá".



Desfrutamos moito desta viaxe que nos levou ao redor do mundo cantando e bailando.







GRAZAS LYDIA :)

martes, 4 de xuño de 2019

A NOSA MASCOTA

Inaugurouse a BIBLIOTECaión e coñecemos a nosa mascota, máis non ten nome!!!!

Organizamos un concurso para buscarllo.





luns, 27 de maio de 2019

BIBLIOPATIO

Que está pasando? os libros saen a rodar!!!

Este ano comezamos coa iniciativa do BIBLIOPATIO, cada día un axudante da biblioteca saírá ao patio cunha selección de libros semanal para poder ler ao aire libre durante o recreo.


domingo, 26 de maio de 2019

FORMACIÓN AXUDANTES

Do 21 ao 24 de maio, non abrirá a BIBLIOTECaión, pois estaremos a formar aos axudantes de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria para que nos sepan guiar no uso da biblioteca.

Aquí vos deixamos imaxes sobre a experiencia.