Buscar neste blogue

mércores, 20 de novembro de 2024

25 N: exposición exemplares, contacontos dramatizados e árbore de pegadas

 Para conmemorar unha data tan sinalada e importate, fixemos exposición de exemplares relacionados coa temática 

E para este luns 25N o alumnado de 5º e 6º están a preparar contacontos dramatizados de certos exemplares para afondar no tema


Despois do contacontos faremos unha palma da man violeta na cal anotar mensaxes positivas para que as mulleres loiten por unha sociedade máis igualitaria


martes, 19 de novembro de 2024

LECTURAS COMPARTIDAS: "Guapa" Olalla mamá de Sara E.I.

 O pasado martes Olalla, a nai de Sara de E.I. estrenou este curso escolar a butaca máxica da BIBLIOTECaión.

Veu contarless un dos nosos contos favoritos "Guapa" do autor Canizales da editorial Apila Ediciones ao alumnado de Infantil.


Gustounos moito a visita e deunos para falar do importante que é ser un mesmo, e que o ser guapa non depende do exterior e de que os demáis opinen do noso aspecto. 

Ademáis fainos moita gracia de como remata o conto, cos animaliños como menú do picnic de Ogro e Bruxa, jejejejeje


luns, 18 de novembro de 2024

domingo, 17 de novembro de 2024

SAMAÍN

 Aquí algunhas das imaxes das actividades que fixemos durante a semana sobre o Samaín








APERTURA BIBLIOTECA

 Aquí un video da apertura da BIBLIOTECaión


SKAPE BIBLIO: Formación axudantes

 Antes de abrir a BIBLIOTECaión é esencial formar ao equipo de axudantes. 


Durante unha semana nos recreos, o alumnado de 5º e 6º estivo aprendendo as normas de uso, forma de colocar os exemplares, maneira de facer os empréstitos, etc.


E a súa formación culminou cunha proba moi divertida: SKAPE-biblio. 

Foron pechados na biblioteca e despois gardamos a chave nunha caixa de seguridade, debía resolver todas as pistas para atopar a chave da caixa forte e poder recuperar a chave para sair da biblioteca.

Aquí unha imaxes e vídeos do acontecido:












domingo, 20 de outubro de 2024

domingo, 26 de novembro de 2023

venres, 24 de novembro de 2023

25 N: Día internacional contra a violencia de xénero

 "SOY SÓLO MÍA"

Outra vez esta abraiante escritora volve a sorprendernos con un álbum ilustrado cheo de aprendizaxes, con unhas ilustracións alucinantes e con un relato cheo de suspense que engancha a todo neno/a de calquera idade (e adultos tamén).


Aquí unha montaxe realizada pola Profe Ana sobre o conto "SOY SÓLO MÍA" da autora Raquel Díaz Reguera, editado por Nube Ocho, ano 2022. 


Aquí as fotos sobre o taller que realizamos:

1._Facer unhas lupas para detectar sinais de violencia de xénero que se daban ao longo do visionado e representación da historia. 

2._ Visionado e representación do conto: especial mención ás alumnas Adriana e Noa por presentarse voluntarias como actrices.
























SAÚDOS E BOAS LECTURAS DENDE A BIBLIOTECaion :)