En dúas sesións, unha para infantil e primeiro, e outra para a rapazada de segundo a sexto curso, a mestra Mariló falou de como se vive o entroido na súa provincia natal, en Ourense, con especial atención aos boteiros de Viana do Bolo. Foi unha exposición moi interesante que lle permitiu ao alumnado afondar nas tradicións galegas.