PÁXINAS INTERESANTES
▼
xoves, 22 de decembro de 2022
xoves, 15 de decembro de 2022
Obradoiro de galletas
No día de onte, xoves, contamos coa colaboración de Isabel (avoa de Valentina e de Miguel) e a María Victoria (nai de Martín e de Adrián), que levaron a cabo coa clase de Infantil 1 un obradoiro de elaboración de galletas que estaban deliciosas; de eso da fe a rapazada da escola, que tiveron a sorte de degustar o resultado final. Gracias pola vosa colaboración! así o programa de "Lectura e familias" marcha, lembrade que podedes vir a ler, a contarlle algo sobre a contorna a rapazada, a facer un obradoiro dalgunha habilidade que teñades... As posibilidades son casi infinitas 😉.
martes, 13 de decembro de 2022
Inauguración da BIBLIOPARQUE
Hoxe día 12 de decembro inaugurouse a "Biblioparque" no parque do CEIP de Caión, un lugar de lecer para que tanto a rapazada como as persoas adultas podan pasar un rato agradable de lectura ou xogo. Na Biblioparque atoparedes os libros clasificados por idades, e atoparedes tamén unha sección adicada a xogos e a DVDs. Todo o material está dispoñible para ler in situ ou incluso para levar as vosas casas para despois devolvelo. Agardamos que a iniciativa sexa do voso interés e que xente de todas as idades a desfruten 😉.
domingo, 11 de decembro de 2022
mércores, 7 de decembro de 2022
Recomendacións lectoras
Neste primeiro trimestre dende a BiblioteCaión achegámosvos estas recomendacións lectoras 😉:
As meigas, o Monte Pindo, os nubeiros ou Brancaflor son só algúns dos habitantes desta «Pequena Mitoloxía de Galicia» onde, a través das súas páxinas, entrarás no mundo máxico das lendas e tradicións galegas.
Escrito pola escritora e actriz galega Paula Carballeira, narra unha historia divertida e profunda sobre o medo ao descoñecido, que esculca na propia natureza humana. Para a rapazada de 7 a 9 anos.
Unha proposta atractiva para os pequechos de 5 a 7 anos. na que os nenos e nenas descubrirán simpáticos animais, coñecerán os instrumentos musicais que tocan, xogarán a imitar os seus sons e crearán o seu primeiro dicionario de onomatopeas!E tamén aprenderán os números dunha forma divertida e entretida Do 1 ao 100.
Este libro está escrito polo Hematocrito, autor que nos visitou o curso pasado. Trátase dunha obra destinada a nenos e nenas de 6 a 8 anos na que un axente moi especial, o axente Ricitos de Ouro, o mellor e máis implacable policía, enfróntase nesta ocasión a outro inquietante misterio que ten conmocionada a toda a poboación do Bosque dos Contos. Será capaz de atopar as princesas desaparecidas?
Érase unha vez un burro gris triste que vivía ao pé dun salgueiro chorón. Sempre que choraba o salgueiro, tamén choraba o burro e viceversa. Un día, canso de tanta pena e choros, decidiu marchar na procura dunha vida mellor e máis alegre. Na súa viaxe, preto dun regato de prata, atopou unha ratiña que varreu a porta da súa casa e namorouse perdidamente, pero ela non quería absolutamente nada con el... Álbum con bonitas ilustracións en cor, cheas de detalles, que complementan a divertida e tenra historia orientada a rapazada de 6 a 8 anos.
Obradoiro de igualdade
Contamos cun obradoiro subvencionado polo Concello da Laracha e impartido pola empresa Xenere a rapazada de 2º a 6º de primaria, que acudiu ao mesmo en dous turnos. Neste obradoiro tratáronse temas como a violencia de xénero ou a violencia dixital.