Aquí as RECOMENDACIÓNS LECTORAS do 1º Trimestre elaboradas polo equipo de biblioteca. Desexamos que vos gusten e sexan de utilidade.
PÁXINAS INTERESANTES
martes, 21 de decembro de 2021
luns, 13 de decembro de 2021
EXPOSICIÓN NADAL
Os axudantes da montaron esta selección de libros con temática sobre o Nadal.
As recomendacións lectoras que se fagan de CaiónTuber´s serán subidas nesta entrada.
FELICES FESTAS DENDE A BIBLIOTECaión!
3 decembro: DÍA DISCAPACIDADE
PARA CONMEMORAR ESTA DATA FIXEMOS DÚAS ACTIVIDADES BEN CHULAS!
1._ A asociación "Aloumiños" en horario de tarde veu a facer un contacontos ben animado sobre a linguaxe de signos, tratábase da historia dun amorodo chamado Di. QUE BEN O PASAMOS!
LECTURAS COMPARTIDAS: Sabela
martes, 30 de novembro de 2021
25 N: exposición e CaionTuber´s contra a violencia de xénero
Para conmemorar tan sinalada data, fixemos unha exposición de exemplares que conciencian dende a literatura infantil para acabar con esta lacra.
Tamén puxemos na porta da BIBLIOTECaión un buzón no cal escribir mesaxes, slogans ou debuxos en contra desta violencia.
LECTURAS COMPARTIDAS : ods 11 "El nño que domó el viento"
Cada mes, un alumno/a p´restase a ler un conto ao resto do alumnado sobre o proxecto global de centro dobre os ODS.
Neste mes de novembro co ODS 11: cidades sustentables e non contaminantes, Lucas Amado de 5º E.P. prestouse a ler un conto que fala de como con poucos recursos e moitas ganas podemos lograr grandes cambios na nosa comunidade.
Lucas, por compartir con nós tan conmovedor relato e facernos a recomendación da película. GRAZAS!!!!!
SAÚDOS E BOAS LECTURAS DENDE A BIBLIOTECaión
martes, 16 de novembro de 2021
BIBLIOTECA CREATIVA: mesa de luz
Cada luns o grupo de alumnado de E.I. 2 ten unha sesión reservada para empregar a mesa de luz.
Aquí algunhas imaxes do que fan estes GRANDES PEQUES :)
LECTOESCRITURA
SAMAÍN
OUTONO
VOLCÁN
IMPRESORA 3D: alfabeto manipulativo
Dende o laboratorio creativo da BIBLIOTECaión tamén saen materiais prácticos para as aulas.
Este foi o encargo que recibimos para a Aula de Educación Infantil, querian as letras do abecedario en letra escolar para manipular e formar palabras.
Aquí podedes ver que foi todo un éxito, e que lles está a ser de moita utilidade:
SCORNABOTS: biblioteca creativa aprendendo as direccións en lingua extranxeira (Inglés)
O profe Pablo preparou este taboleiro para o Scornabot co cal practica en lingua inglesa as direccións (left, rght, etc.)
De seguro unha maneira ben práctica e atractiva para aprendelas.
venres, 5 de novembro de 2021
3 NOVEMBRO: Día internacional en contra do acoso escolar
LECTURAS COMPARTIDAS
CONTRA O BULLYING
Este mércores 3 de novembro para concenciar sobre este tema tan serio que se da nos ambientes escolares, Victor Antelo de 4º E.P. e Neo Suárez de 3º E.P., fixeron a lectura e proxección de dous títulos moi interesantes:
- "O sombreiro de Bruno"

e
- "Guay"

ambos do autor Canizales.
Tras a lectura produciruse un coloquio de como abordar este tema se presenciamos algo parecido, e afloraron ideas e aprendizaxes que de seguro afondaron no corazón das crianzas.
Puideron acudir alumnado de diversos curso ata o aforo máximo de 26 usuarios. E no vindeiro contacontosd, daremos prioridade aos que non puideron asistir.
Nós xa estamos desexando a seguinte edición de LECTURAS COMPARTIDAS.
SAÚDOS E BOAS LECTURAS, DENDE A BIBLIOTECaión :)
sábado, 30 de outubro de 2021
SAMAÍN: Exposición e CaiónTuber´s
Aquí a primeira exposición cunha ampla selección de fondos sobre exemplares relacionados coa festividade do SAMAÍN.
Tras a lectura de estos exemplares, os alumnos e alumnas poderán acudir á aula de Audiovisuais, e coa colaboración dos axudantes gravar unha reseña de estos exemplares na nosa aula Chroma axudándonos de un breve guión.
Unha forma ben práctica de desenvolver a nosa capacidade de expresión escrita e oral, e comprensión dos datos dun libro: autor, ilustrador e editorial. E de adquirir competencias informacionais e mediáticas.
Os vídeos de reseñas sobre exemplares do SAMAÍN serán publicados nesta entrada do blogue paulatinamente.
DENDE A BIBLIOTECaión :)
venres, 29 de outubro de 2021
SAMAÍN: concurso de Meigas
Para aflorar a nosa creatividade, dende á BIBLIOTECaión, promovemos este concurso de creatividade e expresión escrita.